Que está a pasar en Ourense? A Covid-19 non para de crecer e reporta máis contagios que as demais áreas

Desde hai xa varias semanas, os datos diarios reportan que a área sanitaria de Ourense é, con diferenza, a que está a rexistrar un comportamento máis errático con respecto á pandemia. Sen os habitantes de áreas como Vigo, A Coruña ou Santiago, a área auriense é, nestes momentos, a máis afectada, e segue engadindo máis contagios á súa lista de novos positivos.

 


|

Desde hai xa varias semanas, os datos diarios reportan que a área sanitaria de Ourense é, con diferenza, a que está a rexistrar un comportamento máis errático con respecto á pandemia. Sen os habitantes de áreas como Vigo, A Coruña ou Santiago, a área auriense é, nestes momentos, a máis afectada, e segue engadindo máis contagios á súa lista de novos positivos.

 

A ourensá é, un día máis, a que reporta máis contagios nun día no que a comunidade experimenta un repunte mínimo de casos activos, pero cun feliz descenso dos hospitalizados. Con todo, hai que engadir dous nomes máis á lista de vítimas da Covid-19 desde o estalido da crise sanitaria. 

 

 

A incidencia acumulada, tanto semanal como a 14 días, soben hoxe a pesar dos descensos da fin de semana. A incidencia a sete días pasa ao 33 caso por cada 100.000 habitantes -sobe tres puntos e volve aos valores do venres-, mentres que a bisemanal repunta ata os 59 casos por cada 100.000 habitantes, dous máis desde onte.

 

O dobre da incidencia a 7 días é un pouco máis baixo que a incidencia a 14 días. A razón de taxas é de 1,11  -sobe un 0,7 en só un día-, por tanto na última semana houbo un 11% de positivos máis que na penúltima. É o valor máis alto desde o 26 de agosto. O indicador levaba desde entón movéndose entre o 1,08 e o 0,92, polo que rompe esa dinámica e evidencia que o escenario cambiou tamén neste capítulo. 
  

 

A taxa de positividade onte disparouse "" por encima do 11%. É alta, comparada coas cifras de hai un ano, por exemplo, cando se realizaban moitas máis probas, pero está moi na liña, mesmo por baixo, dos algarismos que manexamos hoxe día, coa condición do ocorrido onte, cando se rebaixou ata o 1%, algo que non ocorría desde o pasado mes de novembro. 

 

Con todo, o que realmente importa, a media semanal, está no 13%. Son 132 os contagios notificados nas últimas horas -80 máis que onte-, pero o feito de que o SERGAS xa non realice tantos test como antes réstalle certo valor. 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O umento de hoxe é de tan só oito casos activos máis. Hoxe representa un aumento mínimo do ou,61%. O indicador que máis nos importa nestes momentos, a media móbil a 7 días, segue en fase negativa, pero hoxe cae ata o 1,18%, 0,33 puntos menos. Neste contexto, os casos activos seguirán subindo nos próximos días. 

 

 

DATOS POR ÁREAS

Por áreas as cifras hoxe, como xa advertimos, volven ser especialmente preocupantes en Ourense. Reporta 29 novos positivos, o que a coloca, unha vez máis, no máis alto en canto a contagios. Con 278 é a área máis afecta, moi por encima da Coruña, con 221, Lugo, con 217, ou Vigo, con 212, áreas que reportan, 16, 24 e 16 novos positivos respectivamente. 

 

As demais áreas atópanse por baixo dos 200 casos activos e mesmo Ferrol conta con menos dun centenar de casos, con 90 para ser máis precisos, logo de notificar unha ducia de novos positivos. Santiago, con 177 casos activos, e Pontevedra, con 121, pechan a lista, tras detectar 22 e 13 novos casos. 

 

CAMBIOS DE MÉTODO  

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • Os datos comezan a axustarse aos prognósticos esperados. A fin de semana significou un descenso de casos activos, o que atrasou pero non variou o rumbo da pandemia, que podería estar a entrar nunha nova fase de subida. Os datos destes próximos días serán claves para un diagnóstico máis preciso. 
  • Con todo, aínda que podería esperarse unha subida de ingresados, isto non se deu polo momento. Hai 114 camas ocupadas hoxe, unha ducia menos nun día, aínda que nas UCI sigue habendo sete pacientes. A cuarta dose, que se empezará a fornecer a semana que vén, será clave para evitar esta circunstancia.

 

 

  • Por otra banda, la media de decesos se establece en poco menos de un fallecido al día en estos momentos,aunque hoy repunta con dos decesos. Es la primera vez que crece la cifra en una semana. En total son 3.904 víctimas oficiales según las cuentas de la Xunta desde el estallido de la crisis sanitaria.
  • No obstante, los niveles de transmisión son apreciables, como prueba que jamás hayamos conseguido bajar de los 100 hospitalizados por covid. Con todo, nada tienen que ver con las masivas olas de primavera y principio de verano, que provocaron momentos de más de 900 hospitalizados por covid.
  • ¿Qué podemos esperar de los próximos días? Que prosigan los ligeros vaivenes en la transmisión con ligera tendencia al alza. Un modesto crecimiento que seguirá siendo visible en la presión hospitalaria y en la curva de fallecidos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE