Buscan a un submarinista desaparecido no Grove
Foi un dos seus compañeiros o que alertou aos servizos de emerxencias ao notar a súa ausencia
Actualización: Localizado o corpo sen vida do submarinista desaparecido no Grove
Os servizos de emerxencia buscan a un submarinista desaparecido na costa do municipio pontevedrés do Grove. Concretamente, segundo puideron confirmar fontes da central de emerxencias galega, a procura céntrase entre a praia de Con Negro e a Batería Militar de San Vicente.
O 112 recibiu o aviso sobre as 15:00 horas deste sábado. Un compañeiro do submarinista desaparecido deu a voz de alarma cando se decatou de que perdera de vista a un dos homes cos que saíra a realizar pesca submarina. Na comunicación coa central de emerxencias indicou tamén que tiña abóiaa de sañalización do seu compañeiro, pero del non había nin rastro.
Con esta información o 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais da a Garda Civil, á Policía Local do Grove e a Protección Civil.
Salvamento Marítimo confirmou que nestes momentos traballa na procura do submarinista desaparecido o helicóptero Pesca I e o Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais do Helimer 211, de Salvamento Marítimo. Por mar atópanse ademais a Salvamar Sargadelos e o patrulla Río Curvo Mariño, da Garda Civil.
Escribe o teu comentario