Localizado o corpo sen vida do submarinista desaparecido no Grove

O submarinista levaba desaparecido desde as 15:00 horas do pasado sábado


|

Salvamento Marítimo
Arquivo - Embarcación de Salvamento Marítimo / Foto: @EP

Os equipos de rescate localizaron na mañá deste domingo o corpo sen vida do submarinista desaparecido desde as 15:00 horas da xornada pasada na costa do municipio pontevedrés do Grove. A desaparición produciuse, concretamente, entre a praia de Con Negro e a Batería Militar de San Vicente.

 

Ao redor das 09:45 horas, o Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias do Grove comunicaba á central de emerxencias que submarinistas acharan o corpo sen vida do desparecido preto de abóiaa que utilziaba para pescar.

 

Cando se achou o cadáver, participaban na procura, que se retomou á primeira hora da mañá, profesionais de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, aínda que aínda non se incorporaron os helicópteros ao operativo.

 

Ademais de membros de Protección Civil da localidade, tamén particiapaba no operativo a Garda Civil. De feito, unha lancha do Instituto Armado foi a encargada de rescatar o corpo e de trasladalo até o Porto de Meloxo.

 

O 112 recibiu o aviso desta desaparición sobre as 15:00 horas deste sábado por parte dun compañeiro do submarinista falecido, que deu a voz de alarma ao decatar de que perdera de vista a un de lso homes cos que saíra a realizar pesca submarina.


A central de emerxencias deu así aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, así como á Garda Civil, á Policía Local do Grove e a Protección Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE