Eloína Nuñez, curmá do ex-presidente da Xunta, probable nova subdirectora en Política Social
A ex-xerente do SERGAS en Santiago de Compostela e Ourense pasará a ser S.X. de Envellecemento Activo e Prevención dá Dependencia e Innovación Sociosanitaria da Consellería de Política Social.
ACTUALIZACIÓN: A curmá de Feijóo, Eloína Nuñez, ten bagaxe suficiente para ser subdirectora en Política Social, defende Rueda

Eloína Nuñez Masid, curmá do ex-presidente da Xunta e líder do Partido Popular de España Alberto Nuñez Feijóo, xa actúa como a nova subdirectora xeral de Envellecemento Activo e Prevención dá Dependencia e Innovación Sociosanitaria da Consellería de Política Social da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social. Así o comunicaron fontes dos traballadores da Xunta a Galiciapress , indicnado que o seu primeiro día foi o pasado xoves.
Este diario contactou esta mañá coa Consellería para explicar as razóns da selección do familiar do ex-presidente.
A directiva ten formación e experiencia. Ourensá do 62, Eloína Nuñez é médica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi respobsable do SERGAS nas áreas sanitarias de Ourense e, desde 2017 e até uns meses, de Santiago de Compostela. Ten varios másteres, en Saúde Pública e Xestión Sanitaria.
No político, foi concelleira do Concello de Ourense hai unha década, aproximadamente, polo Partido Popular.
A súa vinculación ao PP e ao seu curmán convertéronlle en foco da atención mediática. A oposición leva meses pedindo explicacións polos contratos que adxudicou como xerente das áreas do SERGAS a Eulen, a multinacional da que é responsable en Galicia a irmá de Alberto Nuñez Feijóo, Micaela.
Segundo publicou Luzes, cando a cesou o actual presidente, Alfonso Rueda, esta primavera, concedeulle un permiso de 6 meses retrIbuído, é dicir, cobrando sen traballar.
Escribe o teu comentario