A reforma municipal que estuda a Xunta será presentada no mes de setembro nun congreso

Segundo informou o Executivo galego, trátase dunha análise multidisciplinar sobre a reforma do mapa municipal e o impulso de novos procesos de fusión municipal e outras fórmulas de cooperación intermunicipal
 


|

Rueda reta a BNG y PSdeG a crear la comisión de investigación sobre Eulen: "Absoluta tranquilidad"
Roda 

 

 

A Xunta presentará o próximo 19 de setembro nun congreso en Santiago as conclusións do estudo sobre a reforma do mapa municipal de Galicia.

A cita contará coa presenza de técnicos, académicos e xestores municipais que compartirán as súas experiencias no que se refire á xestión municipal co obxectivo de racionalizar a planta municipal.

O congreso acollerá a presentación do 'Estudo sobre a planta local galega' realizado en colaboración coa Fundación Juana de Veiga e as tres universidades galegas por parte de representantes destas entidades.

Segundo informou o Executivo galego, trátase dunha análise multidisciplinar sobre a reforma do mapa municipal e o impulso de novos procesos de fusión municipal e outras fórmulas de cooperación intermunicipal.

Durante a elaboración do estudo, analizaron as experiencias dos concellos de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, a situación anterior e posterior ás fusións, a súa repercusión económica e a calidade dos servizos prestados aos veciños. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE