Besteiro asegura que o PSOE proporá un modelo de financiamento: "Con máis recursos e mellor repartición"

"Falaremos de financiamento desde unha perspectiva como o entendemos os socialistas. Cun modelo de financiamento que saia desde o Estado cara ás Comunidades Autónomas", declarou o secretario xeral do PSdeG á súa chegada á sede de Ferraz


|

Besteiro
Besteiro


 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou que no Comité Federal do PSOE falarán de financiamento coa proposta dun modelo que sexa "mellor para todos, para España e para Galicia, con máis recursos e con mellor repartición".

"Falaremos de financiamento desde unha perspectiva como o entendemos os socialistas. Cun modelo de financiamento que saia desde o Estado cara ás Comunidades Autónomas", declarou á súa chegada á sede de Ferraz.

Entre outros temas que tratarán durante esta xornada os socialistas, Besteiro enumerou a corresponsabilidade fiscal, de mecanismos de solidariedade e de financiamento singular, algo que desde Galicia "levan pedindo moitísimos anos".

Besteiro explicou que este é o primeiro Comité Federal desde que os socialistas gobernan en Cataluña. "Lembran cando o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, dicía que iamos entregar Cataluña a Puigdemont...? Continuarei", esgrimiu.

Ademais, sinalou que este comité será o que convoque o Congreso Ordinario do partido, que é onde traballarán para "ampliar" a base electoral dos socialistas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE