O BNG esixe á Xunta regular as VUT e non "boicotee" medidas como as do Concello de Santiago

A deputada do Bloque Alexandra Fernández levará ao pleno o debate sobre a "evolución explosiva" das VUT, que pasaron de 500 en 2017 a máis de 22.500 na actualidade, un 4.510 por cento máis


|

Alexandra fernu00e1ndez
Alexandra Fernández


O BNG defenderá no pleno desta semana no Parlamento de Galicia que a Xunta se implique na regulación das vivendas de uso turístico (VUT) e deixe de "boicotear" os pasos que "con valentía" dan concellos como o de Santiago, liderado pola alcaldesa nacionalista Goretti Sanmartín.

A deputada do Bloque Alexandra Fernández denunciou que o Goberno autonómico está "a tentar boicotear" os avances das administracións locais, pero ve aínda "máis grave" que, cando os concellos poñan límites, dedíquese a "facer oídos xordos desas normas e inscriba as VUT ilegais".

 

 

 



Neste contexto, o BNG reclama a Alfonso Rueda que abandone a súa "política da lei da selva", porque os concellos "poden pór normas, pero quen ten as competencias en materia de turismo para controlar e rexistrar os establecementos é a Xunta".

Así, Alexandra Fernández levará ao pleno o debate sobre a "evolución explosiva" das VUT, que pasaron de 500 en 2017 a máis de 22.500 na actualidade, un 4.510 por cento máis. Isto, engade, ten "importantes consecuencias" no prezo da vivenda, na "calidade urbana" e no modelo turístico galego.

Tal e como denuncia o BNG, neste momento para dar de alta un piso turístico e incluílo no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas (REAT) só hai que presentar unha declaración responsable asinada polo propietario conforme cumpre as normas, "pero non a documentación que o acredite".

Por iso, a deputada Alexandra Fernández critica que a Xunta estea a inscribir VUT "irregulares" a pesar de non cumprir coa normativa municipal, un requisito que avalou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. "Un descrontrol premeditado" porque o PP só "retira do censo aquelas vivendas cunha sentenza firme".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE