Rueda promete ofrecer varios pactos á oposición na súa investidura como presidente
O líder conservadora aspira a transformar o tópico de gobernar para todos en compromisos concretos coa oposicións "en cuestións fundamentais nas que deberiamos estar de acordo". O PSOE xa lle dixo esta mañá que porá o foco nos servizos públicos, en especial en sanidade.

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, proporá "pactos" á oposición --#BNG, PSdeG e Democracia Ourensá-- durante o discurso do debate de investidura que arrincará este martes no Parlamento de Galicia. Será unha intervención na que non prevé "#estender moito", porque insistirá "en ideas principais" como dirixir "a todos" os galegos.
O debate arrincará ás 9,30 horas do próximo martes coa intervención do candidato á Presidencia. O esperable, dada a maioría absoluta do PPdeG, é que o proceso termine coa votación o venres e a súa investidura formal este sábado.
Para preparar o seu discurso, delegou no seu vicepresidente primeiro, Diego Calvo, a representación de Galicia na comisión de comunidades que ten lugar no Senado hoxe.
En declaracións aos medios durante unha visita ás obras do Centro de Protonterapia que se instalará no Hospital Clínico de Santiago, Rueda prometeu que falará non só aos cidadáns que o pasado 18 de febreiro "depositaron a súa confianza" nel e no PP, senón tamén a aqueles que optaron por "outras opcións" ou que "non votaron pero que tamén demandan ser gobernados con obxectividade" e que se "resolvan" os seus problemas.
Neste sentido, o aínda presidente da Xunta en funcións mencionará "temas que preocupan aos galegos", concretamente en sanidade, educación, servizos sociais, industria, emprego e progreso económico. "En definitiva, todo aquilo do que ten que ocupar un goberno", apostilou.
A todos estes asuntos Alfonso Rueda aplicará "as receitas" das que falou na campaña, como foi "o 'sentidiño', a obxectividade e non perder o tempo en discusións que moitas veces non levan a ningunha parte".
Á parte de todo iso, o candidato á reelección como presidente da Xunta --tras obter a súa primeira maioría absoluta-- buscará "tender a man da oposición" e proporlles "pactos" sobre temas "fundamentais" que entende que nacionalistas e socialistas "poderíanse sumar".
POSTURA DA OPOSICIÓN
A principal forza da oposición, o #BNG, xa adiantou que votará non á investidura de Rueda, igual que o PSOE. Os nacionalistas criticaron o tempo que tardou o PP en pór en marcha o proceso. O Goberno da Xunta leva case dous meses en funcións o que entra dentro dos prazos legais, pero é máis do que habitualmente se tarda en elixir unha nova Xunta.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, adiantou que as súas prioridades serán a creación dunha empresa de enerxía que sexa pública na súa totalidade para acabar co que entenden é unha explotación colonial das renovables no país. Os nacionalistas tamén inisten en demandar unha tarifa eléctrica propia, máis barata, para Galicia, por ser a comunidade excedentaria.
O #PSOE dixo esta mañá que centrará a súa oposición na defensa dos servizos públicos. "As nosas preocupacións están dirixidas aos veciños de Galicia, que teñen que esperar máis de 15 días para a cita médica, 362 para resolver o expediente da Dependencia --o dobre do prazo legal--, ou as dificultades para acceder á vivenda", manifestou o socialista José Ramón Gómez Besteiro.
PROMESA DE GOBERNAR PARA TODOS
En opinión do lucense, Rueda "ten que asumir unha tarefa de liderado, que é a que demandan e desexan os cidadáns" tras unha "excesiva tranquilidade" na constitución do Executivo produto dunhas eleccións que o conservador adiantou. Besteiro lembrou que mañá empeza unha legistalura que chega despois de subidas salariais "in extremis" ou apoios a sectores como os traballadores do marisco ou os sanitarios "na recta final da anterior, cando o Parlamento de Galicia xa fora disolto.
Pola súa banda, Rueda lamentou que BNG e PSdeG xa avanzasen que darían o seu 'non' ao candidato da investidura --Democracia Ourensá aínda non avanzou o sentido do seu voto--, pero tampouco espera que o seu discurso deste martes. "Vou tentalo en todo caso, é a miña obrigación", apostilou.
"As propostas van ser para todos os galegos. A partir de agora ao que aspiro é a ser presidente de todos os galegos, insisto, dos que me deron a confianza e daqueles que sen haberma dado esperan que haxa un goberno que vele polos seus intereses", subliñou.
Escribe o teu comentario