Os incendios de Ourense obrigan a cortar a autoestrada e o tren cara a Madrid outra vez
A vaga de incendios que afecta á provincia de Ourense, onde se mantén declarada a Situación 2 a nivel provincial, obrigan a cortar o tráfico na A-52 na Mezquita e en Verín e na N-525 na Gudiña.
A vaga de incendios que afecta á provincia de Ourense, onde se mantén declarada a Situación 2 a nivel provincial, obrigan a cortar o tráfico na A-52 na Mezquita e en Verín e na N-525 na Gudiña.
Segundo informou o 112 Galicia, a A-52 atópase cortada entre os quilómetros 112 e 129 en ambos os sentidos na Mezquita e entre os quilómetros 160 e 174, tamén en ambos os sentidos, en Verín.
Así mesmo, está pechada ao tráfico a N-525 na Gudiña, entre os quilómetros 115 e 128.
A situación obrigou a cortar outra vez a comunicación por tren coa Meseta, que discorre por esa zona. É o segundo día que Renfe ten que interromper o servizo de AVE a Madrid.
Os incendios da comarca da Raia Seca sucédense. Un prendeu na Granxa en Oímbra e pasou ao Concello de Monterrei. Alí, a aldea de Sandín acaba de ser confinada. Outra tanto sucede en Canizo, na Gudiña.
O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, e o presidente da Xunta, insisten en que detrás destes lumes están incendiarios. As estatísticas oficiais indican que a maioría dos incendios son froito de neglixencias.
Escribe o teu comentario