O SERGAS incorpora a un médico militar en Ourense
A falta de especialistas na sanidade e a necesidade das Fuezas Armadas de darlle unha especialidade aos seus galenos son dous problemas que haxan unha pioneira solución no CHUO.
O Hospital Universitario de Ourense incorporou por primeira vez na súa historia a un médico residente militar no servizo de anestesia e reanimación.
Segundo informou a área sanitaria nun comunicado, a presenza deste residente, que ten o emprego de tenente médico, reforza o carácter docente do hospital e representa un exemplo de cooperación entre institucións civís e militares para garantir unha formación médica de alta calidade, cun enfoque integral e multidisciplinar.
Nese contexto, o CHUO foi seleccionado como centro colaborador para a formación dun residente militar en anestesiología e reanimación, unha especialidade crave tanto no ámbito civil como militar.
Escribe o teu comentario