Os patriotas Feijóo e Abascal, os submisos de Trump

Carmen P. Flores

Dicía o escritor Charles Dickens que “a verdadeira grandeza consiste en facer que todos sentan grandes”. Non é o caso de Donald Trump, presidente dos Estados Unidos de América. O seu obxectivo é facer sentir aos demais pequenos, humillalos e lembrarlles quen  é o amo do mundo.O que si é :o maior autoritario que teña a presidencia de esse país. Non hai dúbida de que é así; demóstrano os seus feitos diarios. Neste último mandato, bateu todas as marcas habidos na historia dos mandatarios norteamericanos. O seu é algo que só os neurólogos e psicólogos poden explicar dunha maneira profesional. Só así pode ter l o que está a ocorrer: está levado ao mundo a unha guerra , se os seus compatriotas non o remedia.

A penúltima das súas fechorías é meter con España, que a ten entre cella e cella. Facíao diante do chanceler alemán Friedrich Merz, que se atopaba na Casa Branca, onde acudira para render pleitesía ao “emperador do mundo”. Foi nese encontro, e diante dos medios de comunicación, que soltou, sen ningunha pregunta respecto diso, que ameazaba con romper os lazos comerciais con España: “Non queremos ter nada con España”. Ante esta afirmación, a calada foi a súa resposta. É a manifestación máis clara da submisión do chanceler, tendo en conta que minutos antes Trump eloxiara a Merz como un home moi exitoso e moi popular no seu país.

O problema do presidente é que con demasiada asiduidade difumina a liña que vai da realidade á ficción. Ten, ademais, o malo costume de catalogar aos líderes e os seus países en bos e malos, sendo o xuíz supremo. Mentres , para devolverlle as palabras eloxiosas, Merz declaraba que estaba en “sintonía” con Estados Unidos ao considerar a necesidade de desfacer dun “terrible réxime terrorista”. Esas palabras e o seu apoio a Trump non son bos nin para a unidade europea, nin para o desenvolvemento económico e, por suposto, para Ucraína.

A actitude de Merz non gustou á Unión Europea, que manifestou  a súa desconformidade, nin aos medios de comunicación do seu país, que lle afearon o seu comportamento ante as palabras do inquilino da Casa Branca. As institucións europeas non poden permitir a inxerencia e a provocación de Trump, o que significa que “a guerra” para divir aos países europeos segue a folla de ruta marcadapor Trump

Pedro Sánchez, o presidente do Goberno de España, plantoulle cara ao todopoderoso Trump; facíao, entre outras palabras, dicindo: “Non se pode xogar á ruleta rusa co destino de millóns de persoas. España oponse ao desastre da guerra contra Irán”. O presidente Sánchez díxoo alto e claro, na liña que vén mantendo con EEUU, cuxo presidente non quere diálogo, senón imposición e submisión. O presidente español ha recibido chamadas de apoio doutros gobernos.

Mentres en España, o PP e Vox, nun acto de patriotismo, criticaron a Sánchez e deron o seu apoio a Donald Trump, unhas palabras que deixan ás claras a súa postura pouco comprensible. En situacións como esta, aínda que non estean de acordo, deben apoiar ao presidente do seu país. Abascal tacha a Pedro Sánchez de aiatolá. Se miramos ao lider de Vox, polo seu físico, o parecido cun aiatolá é máis que evidente. Iso sen os “musculitos” de ximnasio,  non os teñen os de Irán. A súa actitude  con Trump  así o demostra.

Que Feijóo e Abascal sigan nesa liña, e que ao final Sánchez podería seguir vivindo na Moncloa. El xa ten o slogan e, ademais, a xente enténdeo: “Non á guerra”. Non se pode estar á beira dun tirano que só quere vasallos. A iso non se chama patriotismo, teñen outro nome

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE