Días atrás puidemos comprobar como seguen vixentes as razóns que hai algún tempo nos levaron a afirmar (https://gal.galiciapress.es/artigo/opinion/2025-1121/5677023-golpe-estado-xudicial) que o poder xudicial español, coas reiteradas decisións controvertidas de algúns dos seus maxistrados máis poderosos, está baixo sospeita. Neste caso se trata da sentencia que a Sala segunda do Tribunal Supremo vén de ditar
(https://share.google/5MuOX3hWvKumsR3hI) no xuízo ao ex-fiscal Xeral do Estado na que finalmente o condenan por un delito que non cometeu. Porque hai razóns dabondo para pensar que Álvaro García Ortiz é inocente e que a sentenza non ten fundamento obxectivo nin legal xa que as acusacións que o levaron a xuízo non quedaron suficientemente demostradas.
Unha sentenza que, deste xeito, lesiona gravemente un dos principios xudiciais de calquera democracia avanzada como é a presunción de inocencia -”todo o mundo é inocente mentres non se mostre o contrario”-, que parece dar a razón a un delincuente confeso, o señor Alberto González Amador, fronte a Fiscalía Xeral do Estado, que acepta como argumentos as mentiras e trolas dun profesional das mesmas, como o señor Miguel Ángel Rodríguez, fronte as manifestacións de profesionais de periodismo con amplia e demostrada credibilidade e que finalmente chega a cuestionar un dos principios básicos e constitucionais do periodismo como é a obriga dos periodistas a non revelar as fontes das súas noticias.
Moi, moi grave o que vén de pasar. Todo un cúmulo de irregularidades (como se pode condenar a alguén cando, como neste caso, o propio tribunal que o xulga recoñece que non sabe quen foi o autor da filtración do correo do avogado que é a base da acusación?, como pode ser delito unha nota de prensa da Fiscalía Xeral desmentindo un bulo lanzado dende o entorno da Presidencia da CA de Madrid se non revelou ningunha información nova, si se trataba de datos que xa eran públicos?) que sumadas a actuacións anteriores de maxistrados de diferentes ámbitos do poder xudicial explican que, ao día de hoxe, España “sufra uns baixos niveis de satisfacción xudiciais, en comparación co resto das democracias europeas”. Segundo o Informe anual sobre os sistemas xudiciais nos Estados membros, publicado en xullo deste ano (2025), pola Comisión Europea, “dos 27 países analizados, España sitúase no sétimo con peor percepción, só por diante de Polonia, Croacia, Bulgaria, Eslovaquia, Grecia e Hungría”. O 52% dos españois preguntados afirma ter unha opinión bastante mala (32%) ou moi mala (20%) da xustiza española. Cabe pensar que logo desta sentencia última, a opinión negativa se teña incrementado considerablemente.
Unha percepción negativa que se suma á crecente sospeita de que en España está en marcha un golpe xudicial contra o Estado de Dereito (https://www.publico.es/opinion/columnas/golpe-judicial-derecho.html). Un golpe xudicial co que, neste caso, as dereitas extremas (políticas-xudiciais-mediáticas) buscan derrubar ao actual goberno de progreso (PSOE/Sumar) para substituílo por outro (PP/Vox) que desmonte todo o construído por aquel que está levando a situar a España na vangarda de Europa tanto a nivel de crecemento económico e de benestar social como de dereitos e liberdades democráticas. Algo que é recoñecido e avalado polos organismos internacionais mais solventes e de maior credibilidade.
Escribe o teu comentario