Non vou facer un detalle exhaustivo do tamaño dos concellos e do número deles en España, pero por dar só un exemplo, en Galicia hai 313 concellos, mentres que o veciño Portugal ten 308 entidades locais.
En base a este dato e segundo algún informe, na nosa autonomía serían viables dous terzos dos municipios, no caso de que se establecese o limiar de poboación contorna aos 5.000 habitantes. No 2016 creouse a última fusión local, dando lugar ao nacemento do concello de Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra e a pesar diso saíu un escaso censo de 5705 habitantes. Se nos esquecemos dos actuais límites municipais, só con engadir o municipio de Poio á cidade de Pontevedra daría unha poboación de 100.502 habitantes e isto sen incluír Marín e a comarca da capital, os dous municipios citados son cos que a capital provincial configura unha área urbana de certa importancia dentro dunha comunidade autónoma como a galega cuns 2.714.741 habitantes.
Atopámonos que en Galicia hai 35 municipios con menos de 5.000 habitantes, sen querer ferir susceptibilidades, na contorna de Pontevedra habería como mínimo dúas concellos candidatos á fusión coa cidade do Lérez, co fin este último de mellorar os servizos básicos que non poden prestar estes pequenos concellos por si mesmos, así como co de poder recibir un maior financiamento da administración do estado e da propia autonomía.
Son só uns exemplos, pero o polos en práctica cun novo plan definitivo, e realista de comarcalización por parte da Xunta chegaríase a racionalizar máis a administración local e a súa división territorial máis axustada á realidade demográfica de Galicia, respectando as distintas identidades e tradicións locais a través das casas de cultura, e potenciando estas ou creándoas naquelas zonas que fixesen falta.
Está redefinición das fronteiras sería aplicable só naqueles concellos de pouca poboación e decrecente, se se ten visión de futuro, realista e vontade política consensuada, o referente sen dúbida debería ser o concello de Cerdedo-Cotobade, pero tamén as comarcas ou os partidos xudiciais poden servir como esbozos do futuro mapa galego.
A concentración parcelaria sería outro modelo a seguir, pero que tivo só un certo éxito na provincia de Lugo debido a que o seu desenvolvemento se basea na agricultura, que é o gran expoñente e un dos sectores que mellor representa á socioeconómia e identidade galega.
Escribe o teu comentario