Só pasaron dous meses desde o 10 de outubro, data do famoso cesamento do fogo en Gaza no que Israel se comprometía a unha serie de cousas que, no seu parte importante, incumpriu. Os datos falan por si sós. Segundo a ONU, máis de 9.000 nenos en Gaza foron hospitalizados por desnutrición aguda en outubro. As axencias de axuda manifestaron que Israel segue restrinxindo os seus envíos de axuda humanitaria, que —segundo declaran— están moi por baixo das verdadeiras necesidades da poboación, que segue debilitada despois de dous anos de guerra en condicións inhumanas: sen alimentos, sen vivenda, con medo, coa morte de familiares e amigos e vendo que o mundo os abandonou.
No mesmo mes de outubro, unhas 8.300 mulleres embarazadas e lactantes tamén foron hospitalizadas por desnutrición aguda. Iso quere dicir que os bebés que nazan terán un peso moi baixo, o que significa posibles problemas que poidan ter máis tarde. É que o sistema sanitario de Gaza está esnaquizado. Na actualidade, dos 15 hospitais públicos cos que contaba, só están a funcionar 3. Ademais, a falta de medicamentos para os feridos é perentorio. A iso hai que engadir os pacientes crónicos con enfermidades coronarias, oncolóxicos que non reciben tratamentos de quimioterapia e pacientes que non reciben diáleses porque as unidades foron destruídas. É unha situación desesperada. Os sanitarios que seguen traballando nesas condicións realizan xornadas de 60 e 70 horas. Moitos deles, ademais, perderon a familiares e non poden facerlles o duelo. A barbarie á que ven a diario é tal que non poden derrubar; non llo poden permitir.
No que vai de decembro, a media de camións de axuda diaria está a ser de 140, en convois organizados pola ONU e a Organización Internacional para as Migracións. A cifra está moi por baixo dos 600 camións establecidos no pacto do cesamento do fogo. Unha cifra insuficiente, dadas as necesidades tan urxentes que ten a poboación.
Se a comida é escasa, é urxente a reconstrución das vivendas para que poidan vivir coa dignidade que calquera ser humano merécese. Despois virá a construción de escolas e outras necesidades das que foron privadas por Netanyahu e o seu exército.
Se esta primeira parte do acordo segue sen cumprir nos termos acordados, Que pasase coas seguintes fases? : despregamento dunha Forza de Estabilización e a esperanza de que poida chegar ao camiño que termine na creación dun Estado palestino, que tanto Netanyahu como o propio Trump non contemplan, porque teñen outros plans máis lucrativos, que é o que máis lles interesa.
O pasado 17 de novembro, o plan presentado por Estados Unidos recibiu o apoio do Consello de Seguridade da ONU, o que nun principio parece que pode permitir a reconstrución da Franxa. Ademais, a resolución prevé a creación dunha “Xunta para a Paz” que supervisaría a gobernanza dun comité tecnócrata e apolítico palestino, que sería o encargado de supervisar a reconstrución de Gaza e a entrega de axuda humanitaria. O que non dixeron é quen formarán parte desta xunta e quen a nomearía. Tampouco se coñece que países achegarían efectivos para esas forzas de estabilización (fálase de EE. UU., Francia e o Reino Unido). Tampouco se falou do papel que terá en Gaza a Autoridade Nacional Palestina, á que Trump pide unha reforma profunda. O plan prevé a desmilitarización de Hamás e outros grupos na Franxa, algo ao que se negaron.
Os días pasan, a situación non mellora ao ritmo que sería desexable, Israel segue matando a xente, chega o inverno e eses máis de dous millóns de persoas seguen vivindo en tendas de campaña precarias, sen estufas, sen roupa, e o inverno supón unha ameaza para a saúde e a vida dos seus habitantes. Mentres, o mundo segue co seu ritmo, coma se o tema xa non fose con eles. Agora, neste mes de celebracións, onde a xente (que poida permitirllo) “tirará a casa pola xanela”, nun ambiente de celebración e gasto —nalgúns casos, malgaste—, aí, en Gaza, a xente só poderá celebrar que ese día está viva, sen comida suficiente, sen un teito que os acubille, e a única celebración é a de ver que, de momento, respiran nunha situación indigna dun ser humano.
Escribe o teu comentario