Dicía o poeta e pintor británico William Blake que “o débil en valor é forte en astucia”. Algo así está a ocorrer co presidente da Generalitat de Catalunya, quen goberna en minoría, situación moi complicada. Quedouse, en principio, sen orzamentos este 2025 pola negativa de ERC, os Comúns e, por suposto, Junts. Con este primeiro envite a Illa parecía que podía afectar aos seus proxectos —propios e os asumidos dos republicanos e os comúns—, conseguiu no que vai de ano tres suplementos de crédito; o último, este mércores, cun importe de 468 millóns de euros e cos votos de PSC, Comúns, ERC e a abstención de Junts.
Lostres suplemntos aprobados até agora suman 3.937 millóns. Eses case 4.000 veñen suplir, en parte, a falta de orzamentos e a ameaza de quedar paralizadas moitas das propostas do govern de Salvador Illa. Con estes suplementos prodúcese un certo equilibrio orzamentario.
Non fai tantas datas que o presidente de Catalunya presentaba en Barcelona e Madrid o seu plan de investimentos de 18.500 millóns até 2030 para que Catalunya volva liderar a economía española, ser o seu motor, como xa o foi noutros tempos. A súa proposta será posible si consegue afianzar a estabilidade política, que non é fácil, pero tampouco imposible, se se ten en conta que para chegar a acordos ten que recoller as propostas de ERC e Comúns en materia de políticas sociais, culturais, vivenda, protección da lingua, entre outras.
Dicía o polifacético Johann Wolfgang von Goethe que “hai dous poderes pacíficos: o dereito e a astucia”.
O que está a ser evidente é que, sen orzamentos, pódense buscar fórmulas para sacar adiante as propostas dun goberno en minoría. Salgue gratis o si dos dous grupos que dan apoio desde fóra ao Govern? Como sempre, todos aprendemos que “nada é gratis nesta vida” e en política moito menos: todo ten un prezo, por desgraza. Hai un proverbio que di: “A astucia de raposo é mellor que o olfacto de bo cazador”.
Así que, terceiro suplemento, din que o último, pero seguro que o non ter orzamentos vaino a suplir con outras dotacións económicas que lle chegará do goberno central.
Escribe o teu comentario