As mulleres non queren flores, prefiren dereitos

Carmen P. Flores

Este 2025 cúmprense 50 anos desde que As Nacións Unidas conmemoraron por primeira vez o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Moito choveu nestes anos que non foron nada fáciles para as mulleres, que seguiron loitando en prol dos seus dereitos. Non é unha loita contra os homes, moitos dos cales apoian as reivindicacións, é a defensa do dereito á educación, á saúde, ao desenvolvemento, ao traballo, á igualdade salarial, á participación política nas mesmas condicións que os homes, sen tutelas deles. O dereito a unha vida libre de violencia, dereitos sexuais e dereitos reprodutivos ou non, dependendo de cada muller. O dereito a equivocar soa. Dicía a escritora María Zambrano que “prefiro unha liberdade perigosa que unha servidume tranquila”.

 

Cada xeración de mulleres, nos tempos que lle tocaron vivir, traballou por avanzar, dando  pasos  que abriron o camiño a conseguir eses dereitos que non foron, nin seguen sendo fáciles. A loita  non é de agora, vén desde que o mundo é mundo: as pioneiras déronse conta de que o mundo avanzaba, que as mulleres constituían un alicerce moi importante na sociedade e que, se non eran elas as que levantaban a voz, individual e colectivamente, as cousas seguirían igual. Nun principio, as súas reivindicacións producíanse como unha choiva fina, esa que parece que non molla, e cando se dan conta, están caladas até os ósos. Eran mulleres moi valentes.

 

A revolución feminina ha ido avanzando a distintas velocidades: uns tempos máis lentamente e noutros máis rápidos. O salto produciuse cando os dereitos non se suplicaban, se exigín. Cando as mulleres se recoñeceron a si mesmas como suficientes, sen tutelas. “Cada paso dunha muller valente achanda o camiño para as que veñen detrás”. É un esforzo individual, pero tamén colectivo.

 

Uns 50 anos de celebración,  de reivindicación por miles  de anos de loita sen tregua, sen tempo para descansar. As situacións no mundo son de desigualdade: desde Islandia, que é o país con maior igualdade de xénero, séguenlle Finlandia e Noruega, até os países pobres , os países árabes onde os gardiáns da relixión e países gobernados polos talibán fixeron retroceder os dereitos das mulleres varios séculos atrás, ante a mirada do mundo que parece  que non vai co, mentres son as mulleres deses países, os estudantes, os que saen á rúa para reivindicar, sabendo o que lles espera si son detidos. Aínda así, non renuncian, a súa loita continúa a costa, en moitos casos, de pagar coas súas vidas, porque a coraxe das mulleres mídese nas veces que se levanta, non nas que cae.

 

Nos países onde os combustibles fósiles han feito multimillonarios aos seus xeques, que lles salguen os petrodólares até polas orellas, as mulleres teñen poucos dereitos, por non dicir ningún. Países que venden modernidade, que compran competicións para lavar a cara, a súa apertura é tan lenta como unha carreira de caracois. O diñeiro, e todo o que iso leva, fai posible que os que se benefician miren para outro lado para non decatar do que sucede alí: sen dereitos as mulleres e a explotación dos traballadores que viven como escravos.

 

Que este 8 de marzo sirva para non esquecer que a discriminación das mulleres en países con réximes autoritarios, pobres e onde as relixións son utilizadas como freo aos seus dereitos, déase un paso máis na consecución dos obxectivos e que as mulleres que viven no chamado primeiro mundo non se esquezan das que malviven no outro, con só obrigacións e ningún dereito: non teñen para comer,  nin liberdade para decidir o que queren facer das súas vidas e seguen baixo a agre tutela do seu pai, irmán ou maridos. As mulleres  que están a sufrir as guerras e as que son  violaladas, ou son obrigadas a casar sendo aínda nenas. As que non as deixan ir ás escolas. Que todas estas lastras que están a vivir as mulleres desaparezan. A educación é fundamental para saír dese mundo onde as mulleres son meros obxectos, con só obrigacións e ningún dereito.

Tampouco hai que esquecer ás mulleres con algún tipo de discapacida que teñen máis barreiras e seguen loitando por derrubar barreiras. Ás mulleres que se quedaron sen voz porque foron asasinadas polas súas parellas.Que o androcentrismo, o patriarcado, desaparezan, que xa quedaron máis que caducados. Por iso, como adoitan dicir moitas mulleres: “Non queremos flores, queremos dereitos”.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE