Mazón non pode seguir no cargo nin un día máis. Os cálculos políticos, que o PP ten feitos, deberían quedar ao carón cando se trata de persoas que morreron.
Que é a vaidade senón o anhelo de sobrevivir?, dicía Miguel de Unamuno. Desa hai moita nas persoas, en maior ou menor grao. É a expresión do que sente superior ao resto dos que lle rodean. Vanidoso significa mentireiro? Non, son pedantes que necesitan halagos á súa persoa polos seus logros, que consideran que están por encima dos demais.
Vanidoso, mentireiro, que non ten o máis mínimo pudor para salvar a súa “cabeza” e tentar darlle a volta a unha mentira que dixo anteriormente, para afirmar a contraria sen inmutar e, encima, aparentar enfado con quen lle din que non era o expresado anteriormente.
O exemplo máis recente: o presidente da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón, que cada semana cambia a súa versión sobre o sucedido coa DANA, botándolle a culpa ao de en fronte con tal de salvar, cando a realidade é que el é o máximo responsable do que ocorreu (para iso é o presidente) nalgúns municipios de Valencia pola terrible DANA, que levou por diante máis de douscentos falecidos, a máis diso as desfeitas materiais, cuantiosos por certo, que sumiron aos afectados nunha indignación máis que comprensible.
Mazón, o presidente que o día da DANA estivo “desaparecido” desde as 14:30 até as 19:30. Nun principio, díxose que estivera comendo cunha xornalista para ofrecerlle a dirección da televisión autonómica. Primeiro era unha comida oficial, despois era privada, como o PP. A verdade é que non queda nada claro o seu suposto xanto cunha larguísima sobremesa mentres a situación era terrible para miles de cidadáns. Unha irresponsabilidade manifesta.
Son xa unhas cantas as versións do aínda presidente da Comunidade Valenciana. En cada unha delas, vai rizando o rizo para non asumir responsabilidades xudiciais que lle poden levar ao cárcere. As políticas son evidentes: está máis que amortizado, e a súa partido espera o mellor momento para ensinarlle a porta. Están del ata os cumios, cando lle dixeron por activa e por pasiva que fale só da reconstrución das zonas afectadas e deixe o demais. Non só non o fixo, senón que cada día se mete nalgún berenjenal, como ir a Madrid a un almorzo de traballo para sacar peito e xustificar o inxustificable.
Como penúltima actuación, diante de xornalistas, explicaba que el chegara ás 8:28 ao CECOPI (Centro de Emerxencias). Cando un xornalista lle preguntou que noutra ocasión dixera que estaba na reunión a partir das 7 da tarde, a resposta do presidente mentireiro é para enmarcala: “As 8:28 é despois das 7 da tarde, non?”. Afirmouno cunha chulería de quen pensa que os xornalistas son idiotas. É a demostración palpable dunha persoa que non ten o máis mínimo pudor en mentir nun tema tan grave como o ocorrido ese fatídico día, no que o presidente se foi de comida, sobremesa e longa charla… Unha resposta que resoou na rúa Xénova como un dardo e que pon de manifesto a incompetencia do máximo responsable da Comunidade Valenciana, que frivoliza sen ruborizar.
Mazón non pode seguir no cargo nin un día máis. Os cálculos políticos, que o PP ten feitos, deberían quedar ao carón cando se trata de persoas que morreron. Alargar a agonía con Mazón á fronte da presidencia non é conveniente, ademais de que iso traeralle un custo político nas urnas aos populares moi importante. Por coherencia e sentido de responsabilidade, o PP debe enviar a casa a Mazón ou facerlle dimitir, e pór á fronte a outra persoa que sexa capaz de liderar a reconstrución das zonas afectadas e tentar recompor as relacións coa cidadanía, con humildade e traballando en equipo.
Mazón, nestes momentos, está máis pendente de non ir ao cárcere
Mazón, nestes momentos, está máis pendente de non ir ao cárcere que de desempeñar as súas funcións, por moito que cambie as versións e onde dixo branco despois diga negro. Todo o sucedido é pola súa falta de responsabilidade ao non avisar a tempo para que moitas das persoas que faleceron puidesen estar vivas. Esa é a realidade, e as competencias levan responsabilidades, cousa que non sucedeu. Agora toca asumir as consecuencias, gústelle ou non.
Dicía o escritor valenciano Blasco Ibáñez: “A oposición é a arte de estar en contra tan hábilmente que se poida estar a favor”.
Escribe o teu comentario