Cambiar de opinión non ten por que ser algo malo. Non se pode ser ríxido cunha postura e custe o que custe. Tamén pode ocorrer o contrario, cambiar de opinión non por convencemento, senón por intereses, que non é o mesmo. En calquera das dúas situacións habería que pensarllo máis dunha vez antes de actuar.
A comisaría de Vía Laietana leva tempo sendo obxecto do desexo dos independentistas: queren sacar do edificio á Policía Nacional que ocupa o edificio fai xa uns cantos anos. O edificio alberga a sede da Xefatura da Policía Nacional, e algúns consideran o símbolo da represión política na época franquista. Agora, co cambio de goberno en Catalunya e con Ramón Espadaler como conselleiro de Xustiza e Calidade Democrática, este tomou o facho de sacar á Policía Nacional deste edificio, co fin de convertelo nun centro de memoria histórica.
A petición de Espadaler, de momento, realizouse por medio dun escrito dirixido ao ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, onde lle expón o seu proxecto. Á vez que aposta para que o corpo dispoña dunha sede moderna e funcional na cidade de Barcelona. Suponse que algún día deixarán de escritos e en persoa falarán do tema, que non é menor.
#ERC leva anos pedindo “desaloxar á policía”, e aínda que non figure escrito no acordo de investidura de Salvador Illa e até do propio Pedro Sánchez, este é un dos puntos do acordo. Así o recoñeceron os republicanos.
Até fai ben pouco na familia socialista había disparidade de criterios. O actual alcalde, Jaume Collboni e hai seis anos tenente de alcalde no goberno de coalición de Ada Colau de primeiro edil, estaba polo labor- así o quería Colau. Mentres que Salvador Illa, no 2021 era partidario da convivencia do memorial e o uso policial.
Agora é o conseller Espadaler o que leva a proposta, por suposto co visto e prace do presidente Illa, para transformar a Comisaría de Vía Laietana nun memorial, acordo que selaron o goberno central, a Generalitat e o Concello de Barcelona. Mentres os policías hai tempo que protestan polo “desaloxo” e pensan que non haberá novo edificio “funcional”, senón que o seu destino final será o vello cuartel da Verneda.
A historia da Comisaría de Vía Laietana non é unha historia de “torturas” no seu conxunto, aínda que si na etapa franquista. O edificio pertenceu no seu día a un rico empresario que uns anos despois, en 1929, vendeuno, pasando a ser un dos grandes hoteis que acolleron ás visitas da Exposición Universal que se celebrou ese ano en Barcelona. Os acontecementos íanse precipitando en Catalunya, especialmente en Barcelona e en 1931, coa proclamación da Segunda República, o hotel convértese na Comisaría de Orde Pública, ao mando do limitar Federico Escofet - despois Federic-, o creador dos servizos de intelixencia da Generalitat republicana e xefe de seguridade da presidencia, ademais foi un dos principais axudantes dos presidentes Macíà e Companys.
O edificio de Vía Laietana ten historia, pero só lémbrase a represión Na actualidade, suponse que o corpo nacional da policía é democrático, como calquera outro baixo un goberno elixido nas urnas, e que cumpre unha función: protexer á cidadanía. A convivencia da función policía e do memorial non é incompatible, senón unha mostra de normalidade democrática que se debe asumir despois de tantos anos de democracia. Dicía o mellor economista do século XX John Maynard Keynes que “Cando as circunstancias cambian, eu cambio de opinión. Vostede que fai?”.
Escribe o teu comentario