O que hai que facer é deixar as diferenzas ideolóxicas ao carón, o importante son as persoas e solucionarlles a grave situación que están a vivir. Xa está ben de reproches
Din que a calidade humana apréciase na solidariedade demostrada en situacións de desastres. A miseria humana tamén queda reflectida nos mesmos. O bo e o malo forman parte da condición humana. En conflitos, catástrofes ou outros quedan patentes quen pertencen a unha ou outra.
Na gran catástrofe producida pola DANA nalgunhas poboacións da comunidade valenciana, en pleno desastre humano pola morte, desaparición de persoas que teñen desolados a familiares, amigos e veciños da zona, a máis diso as perdas materiais de miles dos afectados que viron como en minutos, as trombas de auga leváronse por diante todas as súas pertenzas, soños, recordos persoais e todo polo que loitaron ao longo das súas vidas, agora resulta que hai miserables que aproveitan a situación para roubar en casas e comercios das poboacións afectadas. Non lles importa o sufrimento que están a vivir esas persoas que o que necesitan é axuda, non que lles quiten o pouco que lles quedou. Fano aproveitar do caos que se está vivindo nesas poboacións.
É que os ladróns non deixan de selo en calquera situación, non o poden evitar - mellor dito, non queren-. Son estes de as poboacións afectadas? Algúns si, pero a maioría acoden alí para sacar partido das desgrazas. Non teñen escrúpulos nin sentimentos, só móvelles a avaricia e posuír todo o que non é seu. Non rouban produtos básicos de alimentación, senón produtos que non son de primeira necesidade: raquetas de tenis, xoias, entre outras cousas. Arrasan con todo o que atopan ao seu paso. É a evidencia de que a desgraza é produtiva para eles. O que non esperaban eses delincuentes é a reacción da garda civil, que detiveron xa case a 200 ladróns.
Por sorte, a solidariedade de miles de persoas que acudiron a axudar en todo o que faga falta foi maioritaria. O que significa que a xente, afortunadamente, non queda inerte, senón que reacciona da mellor maneira posible, como debe ser. Toda España mobilizouse dunha maneira ou outra en axudar aos afectados: envíos de comida, roupa, material, maquinaria, recollida de diñeiro… Entidades bancarias realizaron doazóns, o mesmo que empresas e concellos. Foi e segue sendo unha solidariedade extraordinaria, que supera con fartura aos ladróns.
As críticas ás actuacións da Generalitat valenciana e ao Goberno de Pedro Sánchez, foron e seguen sendo noticias diarias, con acusacións mutuas de quen teñen a culpa do sucedido. A verdade é que o goberno que preside Mazón, novato por certo e con asesores sen experiencia de xestión, non souberon xestionar a grave situación. Si a iso engadimos que o presidente Mazón estaba a comer cunha xornalista amiga para ofrecerlle a dirección da radiotelevisión autonómica… A pregunta é: O presidente de Valencia ten que contratar á directora do medio público da súa comunidade? É evidente que non. Que o seu traballo é outro, e máis cando lle avisaron da situación que se estaba vivindo. Imos, que estivo a comer até pasadas as 18 horas, cunha longa sobremesa . Iso produciu que chegase tarde á reunión do CECOPI, que é o máximo órgano de decisións en situacións de emerxencia. Os alcaldes non entendían como nun día de fortes choivas non se convocou pola mañá a reunión e producísese ao cinco da tarde.
Mentres, o goberno de Pedro Sánchez, din que avisara da alerta vermella. Non se fixo caso. O certo é que un desastre desta magnitude é imprevisible, ou non? E que o problema xa vén de lonxe coa construción de vivendas en zonas inundables. Non hai que esquecer que a Unión Europea xa avisou en reiteradas ocasións da febre urbanística do goberno valenciano nas etapas de Zaplana e de Camps. Agora haberá que reformular que se pode facer para chegar a un acordo conxunto e liquidar da mellor maneira posible a situación que é tremenda,
O que hai que facer é deixar as diferenzas ideolóxicas ao carón, o importante son as persoas e solucionarlles a grave situación que están a vivir. Xa está ben de reproches, a dialogar, porque si non é así, mal andamos neste país. Agora toca traballar na mesma dirección, non cada un nunha dirección diferente. Demostrárono os voluntarios coa súa participación, que se pode ser solidario sen preguntar o que pensa ou a quen votaron: o importante é axudar cada un como poida e saír adiante. A solidariedade, non a intransigencia, é o que prima cando a situación o require.
Escribe o teu comentario