Hai un refrán que se adoita utilizar con bastante asiduidade: “Cada un ten o que se merece”. Ten EEUU o que se merece tras gañar Trump as eleccións presidenciais? É evidente que si. Ademais de forma democrática, esta vez, ou polo menos iso parece, de momento. A pesar diso, non se entende que un condenado, un expresidente que induciu ao asalto ao asalto ao Congreso, que defraudou a Facenda, entre outras cousas, resulta que gana as eleccións con mellores resultados que nas primeiras que lle levaron á presidencia do país.
Tras estes resultados das eleccións presidenciais, Estados Unidos atópase ao bordo dun estilo autoritario de goberno nunca visto nos seus 248 anos de historia. Non nos enganemos, Donald Trump foi moi claro cos cidadáns ao dicirlles o que planeaba facer se gañaba as eleccións: utilizaría a forza militar contra os seus opoñentes políticos; despediría a miles de funcionarios públicos; deportaría a millóns de inmigrantes; esmagaría a independencia do Departamento de Xustiza; abandono dos aliados de Estados Unidos no estranxeiro;...Como bo miserable, convertería ao goberno nunha ferramenta para os seus propios agravios, que é unha maneira de castigar aos seus críticos e recompensar de maneira ampla aos seus partidarios: un ditador na Casa Branca. Iso é o que fará Trump, coa conformidade dos seus votantes que lle deron a vitoria ampla.
Non hai que esquecer que Trump foi o único presidente condenado por delitos, acusado de decenas máis e sometido a dous procesos de destitución. Situación que pode cambiar debido ao cambio de maxistrados que el pode levar a cabo, que o fará. Ten todo o poder nas súas mans, incluído o Senado. Como dixese o no seu discurso, o seu mandato non vén só do pobo estadounidense, senón que “moita xente me dixo que Deus salvoume a vida por unha razón. Esa razón é a de salvar ao noso país” afirmou, tan convencido de que é o enviado de Deus e que ten un mandato divino. Só fáltalle agora ser o elixido! Tendo como tivo e seguirá tendo, con máis peso no seu novo goberno Elon Musk, as tolemias están garantidas.
Estados Unidos está dividido máis si cabe e cando as promesas que reciben en campaña créenllas os seus seguidores, non hai maneira de facerlle ver que as cousas non son como llas explican. Ao longo da campaña, os economistas manifestaron as súas preocupacións porque as políticas de Trump aumentarían a inflación, incrementarían os custos para as familias en miles de dólares anuais e desencadearían guerras comerciais. A súa proposta de deportar a millóns de inmigrantes indocumentados, non sairá gratis, senón que pode custar ao contribuíntes cento de miles de millóns de dólares.
Témese que as dúas guerras que hai nestes momentos: Ucraína e a de Gaza, Israel e o Líbano, poden sufrir cambios importantes, tendo en conta as magníficas relacións que profesa con Putin e Netanyahu. Que pasará coa OTAN, ou co cambio climático? Estas e outras preguntas máis quedan aí para ser respondidas coas actuacións que se irán vendo nos próximos meses
Coa perda das eleccións de Kamala Harris, segunda muller que se presenta e non gana, é evidente que unha muller, se ademais non é “blanquita”, por desgraza ten todas as de perder. É dicir, que non gañará unhas eleccións tendo diante, como é o caso, a un machista redomado que ademais insulta e menospreza a unha candidata que está moito máis preparada intelectualmente e por suposto máis honesta que o louro de bote. Trump é fillo de inmigrantes, aos que agora odia porque eles e a extrema esquerda van acabar co soño americano. Racismo e misoxinia no país dos soños? A realidade é a que é e non pode negar.
As mulleres maioritariamente votaron a Kamala Harris, os homes a Donald Trump. Por que? Pois xa poden imaxinar os motivos. O que si quedou patente é a división profunda da cidadanía estadounidense e que os conflitos non tardarán moito en chegar unha vez o novo presidente tente pór en práctica as cousas que anunciou. Sen esquecer que o condenado puxo no ollo de mira aos medios de comunicación que non lle apoiaron e aos que considera os seus inimigos . En Estados Unidos, os medios que el non considera “seus” non se adoitan calar, son medios valentes e xornalistas comprometidos coa liberdade de expresión.
Escribe o teu comentario