Cada mes, día arriba ou abaixo, publícase a enquisa do CIS, o Centro de Investigacións Sociolóxicas, máis coñecidas como as enquisas de Tezanos, o director do centro. Tan criticado pola oposición, como defendido polo goberno, que para iso púxoo á fronte, como adoitan facer os gobernos cuxos partidos gañan os comicios. É a dedocracia que tanto leva en todas as formacións.
Este inicio de semana, Tezanos, ás 12 en punto, soltaba os datos do último CIS, nos que seguía dando a vitoria aos socialistas, aínda que reduce a distancia entre Sánchez e Feijóo a 2,5 puntos, case a metade do que daba no mes de setiembre que era de 4,5 puntos. A enquisa, realizada antes de coñecer publicamente o caso Koldo, non castiga, din, aos socialistas. O PP mantense; Sumar é a formación que experimenta o maior retroceso; Vox baixa, pero segue como terceira forza; Podemos baixa; e na loita de ERC e Junts pola hexemonía do independentismo, os republicanos salguen gañando, o mesmo que o PNV, que sobe lixeiramente por encima de EH Bildu.
As enquisas non sempre se axustan aos resultados das urnas, porque a xente, maioritariamente, non adoita dicir o que vota. Son a modo orientativo e sérvenlles aos partidos para coñecer o que votaría a xente nunhas hipotéticas eleccións, a valoración dos políticos, e coñecer as cousas que lle preocupa á cidadanía, que adoitan ser as de sentido común: a situación económica, o paro, a saúde, a vivenda, Esas son as preocupacións da xente, e o que queren é que os gobernos llas arranxen, que coa oposición no Congreso aproben as leis que vaian nesa dirección e que todos se poñan en acordo nas votacións, independentemente da ideoloxía. Por encima dela, están as persoas, e as súas necesidades que deben ser atendidas, aínda que consideren que non é así. Por iso o descontento, a crispación e a desafección á política é evidente. A xente está tola? Non A xente está manipulada? Aguna si, outra está até o moño e exprésao cunha vehemencia que algúns interpretan como tolemia, que non o é, sinxelamente é impotencia, rabia,
As enquisas, instrumento dos partidos políticos, dos gobernos, pódense manipular? Poderiamos dicir que se “maquillan”, que se dirixen ao gusto do que paga, neste caso, do Goberno. O malo do tema é que se paga con diñeiro público, é dicir de todos, en beneficio duns poucos.
Hai enquisas que as encargan os partidos políticos e a técnica é a mesma, maquíllase segundo quen pague. Tamén as levan a cabo os medios de comunicación e atopámonos coa estratexia - si, non nos enganemos-, que, dependendo do medio, os resultados varían. O que significa que, en demasiadas ocasións, hai xornalistas e editores que se prestan ao xogo da política. Tamén, en demasiadas ocasións, os políticos xogan a ser xornalistas ou editores para controlar a liña editorial dos diarios: control dos medios de comunicación, como vén observando , en todos os tempos, agora máis si cabe. Como se controlan aos medios de comunicación? Mediante a publicidade institucional, as subvencións e outras fórmulas, Se o medio é amigo, régalle, se non, pois lle pechan a billa. Esquécense que o diñeiro non é deles, senón de todos e hai que dar contas en que se gasta e con quen. Como dicía o cantautor, poeta e símbolo do rock, Jim Morrison, “quen controla os medios de comunicación, controla as mentes”. Por iso, a prioridade dos gobernos é meter “man” nos medios e controlar aos malvados xornalistas. Controlar, é a palabra que máis se utiliza na política para non ter que render contas. Até as enquisas do CIS ten a tinguidura “controladora”.
Escribe o teu comentario