Cataluña quere deixar atrás o procés e abrir unha nova etapa

Manoel Barbeitos
Economista

Archivo - Arxivo - El primer secretari del PSC, Salvador Illa, durant la seva reunió amb el president del Parlament, Josep Rull, en la segona ronda de consultes per proposar un candidat a la presidència de la Generalitat, en el Parlament, a 19 de juny de
Archivo - O primer secretario del PSC, Salvador Illa, e o presidente do Parlament, Josep Rull 

 

Mentres en Oriente Medio Israel, que ten o apoio dos Estados Unidos e a Unión Europea, segue matando xente como e cando quere e sen importarlle que a maioría sexan nenos e nenas no escenario de Cataluña aparece unha posibilidade real de que se abra unha nova etapa política que deixe atrás o process sen por iso desatender a notable pulsión nacionalista. Unha nova etapa que, a pesar da súa urxencia, aparece dende o primeiro momento chea de incertezas e escollos.


Incertezas que xorden tanto do propio contido do acordo asinado entre ERC, Comúns e PSC como da pouca seguridade que ofrece ERC cos seus apoios dada a recorrente inestabilidade interna na que nos últimos tempos se ven movendo esta organización. Un acordo que, pendente dunha confirmación definitiva, parece querer mudar o actual sistema de financiamento autonómico por outro, aínda por concretar, no que Catalunya non estaría no sistema común e ordinario senón nun especial que tería certos parecidos ao copo do Pais Vasco. Un cambio que, de materializarse, terá efectos financeiros e fiscais sobre tódalas comunidades autónomas sen que estas haxan participado na negociación e que crea incertezas sobre o impacto que terá na propia capacidade recadadora e, xa que logo, redistributiva da Axencia Tributaria o que pode afectar negativamente as comunidades menos desenvolvidas como é o caso de Galicia. Por caso, como quedan os principios de igualdade e solidariedade entre tódalas comunidades autónomas?. Así, e segundo os maiores expertos fiscais, este cambio tributario e fiscal vaille supor ao estado español unha mingua anual duns 20.000 millóns de euros en ingresos tributarios e uns 2.000 millóns de euros no SFA (Sistema ordinario de Financiamento Autonómico).


Incertezas que se estenden tanto a propia capacidade de Catalunya para a asunción plena das novas competencias como a outros asuntos relevantes. Por caso, como se vai avanzar á meta fixada?, como vai a funcionar o sistema na transición?, como afectará a eficacia da AEAT na xestión tributaria?, a loita contra a fraude fiscal?, que vai pasar co principio constitucional de solidariedade entre as CCAA?, coas funcións esencias dun estado democrático e de benestar?


Escollos polos que con toda seguridade tanto as dereitas españolas (PP/Vox), co apoio dos seus aliados xudiciais e mediáticos, como as catalás (JxCat) coñecidos os seus precedentes, non lle concederán o mais mínimo respiro ao novo goberno catalán dende o mesmo día da investidura de Salvador Illa como Presidente da Generalitat.


Escollos que tamén hai que buscar nas inercias derivadas das políticas autonómicas desenvolvidas en todos estes anos de democracia e que, en grande parte, explican o actual estado de cousas. Así no case medio século que levamos de democracia prácticamente tódolos gobernos españois puxeron en evidencia a súa incapacidade, ou falta de vontade, para atopar fórmulas que satisfagan as ansias soberanistas (de autogoberno) das  comunidades autónomas moi especialmente das chamadas históricas (Cataluña, Galicia, Pais Vasco). Formulas que superando os proxectos inmobilistas e independentistas deben tomar en consideración a evidencia de que as aspiracións soberanistas (autogoberno e recoñecemento nacional) son diferentes nos distintos territorios autonómicos o que explica e xustifica a necesidade de solucións singulares. 


Neste marco o paso adiante dado por PSOE, Sumar, ERC e Comúns supón unha indiscutible rectificación en relación ao subliñado anteriormente pois se o goberno español de quenda (PSOE, Sumar) recoñece que non é pola vía penal e xudicial como se vai resolvelo “problema catalán”, pola súa parte ERC acepta que o process non é unha solución senón un problema, que non é a vía unilateral senón que son a negociación e o pacto o camiño a seguir. Se as dúas partes tamén aceptan que este camiño a transitar nin será curto, pois levará inevitablemente tempo, nin como dixen antesn estará carente de escollos. Por caso requirirá sacar adiante un novo modelo de financiamento autonómico o que esixe  tanto unha negociación multilateral con tódalas comunidades autónomas como acadalos apoios parlamentarios precisos.


Este acordo tamén supón varias evidencias. A primeira o recoñecemento de que foi o PSC quen gañou as eleccións catalás polo que o mais natural e que Salvador Illa sexa o Presidente da Generalitat xa que, ademais, é o único que pode acadar a maioría parlamentar necesaria para gobernar. A segunda que estas eleccións, por moito que se empeñe o señor Puigdemont e os seus compañeiros de JxCat, viñeron a dar un carpetazo definitivo ao process que pasa a seren historia. Terceira e última que unha grande maioría da poboación catalá quere superar o bloqueo político actual e que os partidos “fagan política” para que logo de case unha década de confrontación e represión volvan os tempos da procura de puntos de encontro, os tempos de converxer.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE