Cambiar para que nada cambie!

Redacción

“Veño dun silencio, antigo e moi longo, veño dun silencio que non se resigna;
veño dun silencio que a xente romperá, veño dunha loita xorda e constante”. 
Ramon Pelegero i Sanchis (Raimon), Xàtiva, 02/12/1940, cantautor valenciano.

 

 

Despois das últimas eleccións autonómicas, onde o PP volveu ter maioría absoluta, chegan os cambios na estrutura da Consellería de Sanidade. A máis importante é a integración do SERGAS na estrutura da propia Consellería. O presidente Rueda cambia aos catro cargos máis importantes, desde o conselleiro (xa van polo 5º…) até as direccións xerais, tanto de Asistencia Sanitaria (adeus ao ínclito Aboal), de Recursos Económicos e de Recursos Humanos. Un cambio en toda regra, que se produce despois de múltiples mobilizacións de diferentes entidades relacionados co Sistema Sanitario, pero sobre todo da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

 

Á fronte da Consellería, Antonio Gómez Caamaño, médico relacionado coa actividade hospitalaria, pois exerce en Oncoloxía Radiolóxica, moi vinculado co gran aparataje e cos medicamentos oncolóxicos, caros e moi influenciado polos laboratorios que os producen.

 

Teremos que darlle os 100 días de rigor, pero as perspectivas non son boas. O problema fundamental da Sanidade Pública en Galicia é a Atención Primaria e a falta de recursos empregados polo PP para resolver a falta de profesionais, punto básico do mal funcionamento da mesma, con listas de espera impresentables e con prazas MIR sen cubrir (as de “difícil cobertura”). O PP de Galicia empéñase en solicitar un MIR Extraordinario, cando non é capaz de cubrir as prazas que se ofertan en cada convocatoria: 42 no 2022/23 (unha de cada cinco quedaron sen cubrir). Pedir que se oferten máis é unha forma de meter co goberno central e de botarlle as culpas da súa propia inoperancia.

 

Cales son os porqués da non adxudicación dunhas prazas que en tres anos serían en propiedade: evidentemente, os baixos salarios, a inestabilidade no traballo e a precariedade laboral. Cotas masificados, non substitución de compañeiros que fan que as consultas se fagan interminables e con moi pouco tempo por persoa, co que a calidade da atención vese resentida día a día.

 

O prestixio da profesión de Médico de Atención Primaria e Comunitaria tampouco é o máis boiante neste momento e así o ven os alumnos que rotan polos pobos para facer as prácticas que sempre din que a labor que se realiza é a máis importante do Sistema, pero o día a día é moi complicado, pola complexidade dos casos e a masificación das consultas. O tema de que para ser “médico de pobo” tes que saber de todo fai atractiva a profesión, pero son os condicionantes que debería pór o contratador, que cos recortes ano a ano, fan que a precariedade sexa o que máis se vé cando fan as prácticas.

 

Se o Sistema en xeral está mal, a consulta do día a día en AP está peor. Sabemos que o gasto por persoa na Galicia en Sanidade é o segundo máis baixo de todo o estado español (só Madrid inviste menos) e sabemos tamén que na AP invístese o 12,3% do orzamento total da Sanidade, cando a OMS recomenda o 25%. E preguntámonos: por que non fáiselle caso? Todo o que se inviste en prevención e en atención a xente cando o problema é resoluble en AP, complícase cos tempos de espera que se fan impresentables para quen os padece.

 

Segundo o Ministerio de Sanidade en Galicia estamos de 4º pola cola en gasto farmacéutico sobre o total do orzamento sanitario. Unha das razóns é o pouco tempo que se ten para valorar aos pacientes debido a presión asistencial. Ademais, a Xunta incorpora como investimento en AP as partidas destinadas ao pago de receitas sanitarias cando estas deberían computar como gasto farmacéutico o que indica que en AP aínda se inviste menos do orzamento o incluír este gasto.

 

O novo equipo da Consellería de Sanidade e do SERGAS teñen moitos problemas por resolver (si queren...e a súa estratexia permítello). Levamos na AP perdendo médicos ano tras ano. Segundo o INE, do 2022 o 2023, perdéronse 39 facultativos. Terán que finalizar a política de recortes e actuar sobre o tema principal que é a falta de profesionais que queiran traballar na Galicia. Devolver á pediatría aos concellos aos que lla quitaron. Os novos administradores téñeno na súa man...e nós que o vexamos!


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE