Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)
Hoxe lánzanse á praia a facer selfies cos pellets nas mans, e outros, máis preparados, van coller en serio os famosos plásticos brancos que o mar botou fóra.
A asociación ecoloxista Adega xa publicou hoxe o aviso de futuras convocatorias con permisos e seguro de responsabilidade civil pois debemos ter presente que tamén a lei regula estas quedadas para calquera que sexa o obxectivo das mesmas e debemos ter en conta que sempre ten que haber un colectivo, asociación ou entidade responsable das mesmas. Doutra banda, lembrar que se descoñecen os produtos exactos que conteñen os pellets, polo que puidesen ser tóxicos, feito polo que se deben usar luvas, gárdanse en bolsas especiais e non se tiran en ningún colector de lixo, só almacénanse. O tamizado da area ten a mesma importancia que o feito de recoller este lixo, só débese retirar o lixo, as cunchas, algas e os materiais orgánicos da praia son fundamentais para a propia ecoloxía da mesma. Con isto veño recalcar a ilegalidade manifesta de moitas destas convocatorias que, nalgúns casos, obedecen exclusivamente a proximidade das eleccións autonómicas en Galicia.
Sumar, sabendo que esta responsabilidade recae no propio Goberno Estatal, do que forma parte, lánzase a xuntar firmas contra a Xunta. Claro, estamos en período electoral. Por outra banda, o BNG, como habitualmente, fai campaña contra o Goberno galego, sabendo tamén que a culpa recae en Madrid. Creo lembrar que tamén agasallaron barato o seu voto a favor de Pedro Sanchez. Podemos xa "pode" cada vez menos, vai perdendo aire como un globo saltado e pide a dimisión dun Concelleiro do Mar da Xunta, sabendo tamén que esta é responsabilidade exclusiva do Goberno de España. E o PP de Galicia, moi intelixentemente, calan, como Besteiro do PSOE, gardan a súa cómoda posición de mesura e acougo.
E que fai o pobo ? Recoller os pellets, estaba claro. Alguén ten que arranxar a lea.
Escribe o teu comentario