Coordinador Provincial UCIN Galicia (Unión de Ciudadanos Independientes)
Un goberno pode elixir si está no seu interese político ou apoiar á xente que sofre día a día en tentar subsistir. É o momento de estar á beira da cidadanía, vemos como os actuais partidos políticos con representación parlamentaria carecen de humildade e cordura, ante a inestabilidade no panorama político español. A falta de credibilidade auspiciada polos actuais líderes, causará outro “roto” na mermada credibilidade que eles mesmos propiciaron. Non conseguiron xerar nin un mínimo avance, nin nos compromisos sociais e menos nos económicos. Deberiamos pararnos a pensar o camiño a elixir, e mesmo o acudir ao “recuncho de pensar” como na nosa época de «parvularios» levaríanos a unha reflexión eficaz e rápida. En España temos unha estimación de 587 casos de corrupción e 8171 implicados, nos partidos políticos que lideran a corrupción temos a PP e PSOE, curiosamente os que deciden a gobernabilidade do noso país, é para «facerllo mirar»! O Partido Popular (#PP) que protagonizou algúns dos escándalos de corrupción máis importantes da historia política española, agora preséntallenos como a alternativa a gobernar o noso país. Se cabe máis grave é quen nos goberna, o partido socialista (#PSOE), a súa gobernabilidade nestes anos suponnos aos cidadáns un custo estimado de 124.123.915.826 € en corrupción. Preocupa a corrupción hoxe aos españois? Verémolo! Temos un termómetro nestas eleccións municipais do 28 de maio. Segundo estimación internacional ao 86% dos españois si lle preocupa a corrupción. "Gran problema".
Escribe o teu comentario