Xi Jinping, o novo emperador de China

Carmen P. Flores

Durante unha semana celebrouse o Congreso do Partido Comunista Chinés, onde o seu actual presidente, Xi Jinping, foi reelixido nun terceiro mandato de cinco anos. Isto foi posible porque o propio Xi aboliu en 2018 o límite de dous mandatos na presidencia, sinalando así o camiño cara á presidencia “infinita”. Un plan que visto #ocorrer tiña planeado fai xa uns cantos anos. O líder quere pasar á historia como un segundo Mao Tse-tung.

 

EuropaPress 4688028 handout 16 september 2022 uzbekistan samarkand chinese president xi jinping
Xi Jinping @ep


Sen dúbida a imaxe do congreso dos comunista chineses que quedou para a historia é a que nos ofreceron as distintas televisións: nunha primeira fila onde se atopaban os altos dirixentes, o propio Xi e o expresidente Hu Jintao - que ocupou a presidencia entre o 2003 e 2013 - sentado á beira do seu predecesor, este foi levantado en contra a súa vontade do seu asento e sacado da sala, sen ningunha contemplación. Antes de  abandonala dirixiuse a Xi, para dicirlle - supomos- que si el ordenara sacalo do seu asento, e o mandatario afirmou coa cabeza. Un xesto que significou unha mensaxe para os seus adversarios, demostrando que non lle treme a man á hora de castigar aos que considera “desleais”. Actualmente ten todo o poder nas súas mans: secretario xeral do partido Comunista, presidente do país e xefe das forzas armadas, case nada, por iso coñécese tamén como Líder Supremo.


As relacións entre o expresidente Hu e Xi non foron moi boas. O ex representa a unha China moi distinta á de Xi. O seu liderado foi máis colectivo. Tivo que equilibrar distintas fraccións representadas no Comité Permanente do Buró Político. Os anos do liderado de Hu poderíanse cualificar como de apertura ao mundo exterior, cun incremento da tolerancia cara ás novas ideas. Todo o contrario de Xi, que depurou a todos os que estaban en desacordo coas súas decisións. Demostrouse nos novos nomeamentos, nos que non quedou nin un só nome dos que se chamaban liberais económicos, vinculados ás ideas da administración anterior. Xi é o líder dun réxime autoritario e expansionista, un ditador sen escrúpulos  que xoga a ser “un emperador” vermello.  Hai que lembrar que, no seu discurso no congreso, Xi celebrou esmagar o movemento democrático de Hong Kong como unha transición do caos á gobernación. Tamén volveu falar do dereito de China a empregar a forza para controlar a illa autónoma de Taiwan.


Pero volvendo ao congreso, o papel da muller volveu a quedar na cola do demócrata Xi. Entre os 24 membros do buró político, desde onde se perfila o comité permanente, non hai nin unha soa muller. No núcleo duro, que o conforman sete persoas, nin unha soa muller. Nos cargos políticos menos dun 8% son ocupados por elas. E para ver claramente a exclusión das mulleres, no Comité Central que o compoñen 203 membros, só 4 son mulleres. Toda unha demostración da gran consideración que  Xi  ten sobre o papel da muller dentro do partido e do goberno.


O que quedou patente no Congreso do Partido Comunista chinés é que Xi Jinping segue no cargo, e farao todo o tempo que queira a non ser que se produza unha “revolta” futura que o saque do “trono”. Todo o mundo xa sabía que o congreso non ía traer nada novo, de feito, o seu novo equipo está composto por persoas leais. Non hai nin unha soa persoa coa máis mínima perspectiva distinta á de Xi. Teno todo atado e ben atado: iso lémbranos a alguén que pensaba o mesmo. Xa se sabe, cando alguén pensa que o ten todo controlado, pode pasar o contrario si segue apertando cada día máis a corda. Hai un proverbio chinés que di: “O tempo é como a auga dun río: nada permanece, sempre é diferente”.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE