VÍDEO/O PPdeG coloca a Rueda ao volante de autobús 'Galicia non Para' no vídeo de felicitación de Nadal

O candidato á presidencia da Xunta polo PP vai percorrendo toda Galicia e durante o seu traxecto atópase con toda clase de pasaxeiros: desde un dos famosos ‘Novos de Arousa’ até os membros do Combo Dominicano.


|

20231223 ARueda Nadal 1
Alfonso Rueda ao volante do autobús/#PP

 

Ao longo do vídeo, o líder dos populares galegos vai percorrendo toda Galicia –desde as zonas do interior até a costa– e durante o seu traxecto atópase con toda clase de personaxes: maiores, mozos, cativada, un dos famosos ‘Mozos de Arousa’ do concurso televisivo ‘Reacción en cadea’, os membros do Combo Dominicano e até un curioso ‘Puigdemont’ que fai autostop no seu camiño cara a Moncloa. 

 

Non podía faltar tampouco un dos cameos que xa se converteu en tradición neste vídeo como é o do presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, que se volve a atopar co presidente Rueda mentres camiña e saúdao cun “Galicia Rueda!”. 

 

Ademais, tamén aparece o presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, e faise referencia a unha das expresións que marcaron o curso político. Aparecen tamén a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e os catro presidentes provinciais do partido: Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Luís López (Pontevedra) e Luís Menor (Ourense), que forma parte do elenco por primeira vez. Todos eles, xunto ao presidente Alfonso Rueda, aproveitan para desexar aos galegos unhas boas festas e un feliz 2024. 

 

 

 

O presidente do PPdeG móstrase máis familiar que nunca, compartindo escena coas súas dúas fillas, ás que transmite o seus desexo para Nadal: “Este ano pido un autobús tan grande como Galicia, no que caibamos todos. Porque Galicia non para e neste Nadal tampouco”. 

 

Os populares galegos aproveitan así o éxito que cultivou ao longo dos últimos meses o autobús que puxeron en marcha co obxectivo de que o presidente Rueda puidese percorrer a comunidade e manter un contacto directo cos galegos e as galegas para profundar así nas súas preocupacións reais. 

 

Un obxectivo ao que se une tamén a páxina web roda.gal, a través da cal os galegos e galegas que o desexen poden trasladarlle ao presidente todo aquelo que lles preocupa, o que vai ben e o que creen que pode mellorar. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE