(VÍDEO) A doutrina do Panda: a fortaleza e éxito dun campión coidando a saúde mental "en bos e malos momentos"
O futbolista galego, durante a súa concentración coa Selección Española de fútbol, fixo un chamamento para coidar a saúde mental e a normalizar a asistencia de profesionais en bos e malos momentos.
O futbolista galego, durante a súa concentración coa Selección Española de fútbol, fixo un chamamento para coidar a saúde mental e a normalizar a asistencia de profesionais en bos e malos momentos.
"Pasei por etapas moi boas nas que me axudaron a xestionar eses momentos de euforia ou de éxito. Logo pasei por momentos complicados e seguiron traballando comigo e axudándome", lembra o ariete.
Borja Iglesias afai falar dentro do campo, con goles que, ultimamente, cáenselle dos petos. Unha depredador da área, 'O Panda' sabe mellor que ninguén o que custa chegar á cima. Sábeo con 29 anos, momento no que vai debutar coa Selección Española de fútbol. O santiagués pelexou desde a Segunda B ata a elite, escalando sen saltarse estacións e demostrando que con calidade, esforzo e paciencia as cousas acaban chegando.
Pero cando o galego fala fóra do campo tamén é bo afinar o oído, porque adoita dar máis dunha lección de vida. Foi así na súa última rolda de prensa, con 'A Vermella', onde falou de algo tan importante como a saúde mental, que ás veces pasamos por alto e máis nun mundo como o fútbol, cheo de privilexiados e, en aparencia, persoas intocables. A realidade é moi distinta, e créanse moitas fraxilidades nos momentos difíciles pero tamén nos de gloria, polo que hai que coidar moi ben a cabeza e dispoñer dunha fortaleza mental moi férrea para afrontar segundo que cousas.
SETE TEMPADAS DE DISCIPLINA
"Levo traballando con Patricia Ramírez e co seu equipo de traballo desde que estiven en Zaragoza. Osea que pasei por etapas moi boas nas que me axudaron a xestionar eses momentos de euforia ou de éxito", lembra Iglesias, sobre un percorrido que empezou na tempada 17-18.
"Logo pasei por momentos complicados e seguiron traballando comigo e axudándome. A importancia é similar, pero as situacións son distintas. No momento no que ti non estás tan ben mentalmente igual necesitas máis, ou a detectar certos problemas que non es capaz de detectar", resume Iglesias, insistindo en que é un aspecto "que está á orde do día".
"Temos que normalizalo e coidarnos, tanto no bo como no malo", receita 'O Panda', que de bos e malos momentos algo sabe. Aínda que malos xa pasou moitos, asique que veñan máis, pero todos bos.
Escribe o teu comentario