Atopado o corpo sen vida dunha muller en Narón tras un posible accidente coa súa bicicleta
O 112 Galicia recibiu a alerta dun particular sobre as 19.30 horas do sábado e detallou que se atopaba no lugar de Ruxida.
Unha muller foi localizada sen vida nun camiño de terra tras sufrir un posible accidente coa súa bicicleta no municipio coruñés de Narón. A Policía Nacional investiga os feitos.
O 112 Galicia recibiu a alerta dun particular sobre as 19.30 horas do sábado e detallou que se atopaba no lugar de Ruxida.
Até o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios, que soamente puideron confirmar o falecemento. No operativo tamén participou a Policía Local e Nacional.
Escribe o teu comentario