O Corte Inglés e o refuxio Gatocan únense para celebrar xuntos o Día Mundial dos Animais
Os grandes almacéns da Coruña programan distintas actividades para conmemorar este 4 de outubro.
Poden ser peludos ou con escamas, grandes ou pequenos, negros ou de cores, con catro patas ou aletas...os animais e mascotas teñen moitas formas diferentes e desde O Corte Inglés da Coruña celebran que isto sexa así no Día Mundial dos Animais, que se celebra este 4 de outubro e que serve tamén para pór en valor o labor que fan desde a Asociación Protectora de Animais Gatocan.
FOTOS, TALLERES, COLOQUIOS...
Os grandes almacéns, xunto á protectora, confeccionaron un rico programa de actividades para este sábado, pensado para grandes e pequenos, con exposición das fotos dos cans que se atopan no refuxio esperando por unha familia que os adopte.
Os voluntarios de Gatocan estarán na mesa informativa para explicar ás familias como funciona o proceso de adopción e as distintas formas que existen para colaborar co colectivo, que convida tamén a acudir con aqueles que teñan cachorro a sacar unha foto de familia en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas con Salvaxe Photo, que atenderá aos interesados que soliciten unha cita previa chamando ao teléfono 664 17 56 15. O recadado nas sesións fotográficas destinarase á protectora.
Tamén de 12 a 13 horas celebrarase un taller infantil onde se ensinará aos máis pequenos a achegar aos cans e como deben tratalos, ademais de realizar manualidades nun obrador con prazas limitades. Xa as 19 horas concluirá a xornada co coloquio 'Coñecendo aos nosos cans', con Adrián Paredes, educador canino fundador de Candamin, á fronte desta charla.
Escribe o teu comentario