Stellantis Vigo: Algúns sindicatos aproban o ERE e o ERTE
Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis e os sindicatos chegaron a un acordo para levar a cabo este ano un novo expediente de regulación de emprego (ERE) voluntario e un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE).
Stellantis Vigo chegou hoxe a un acordo cos sindicatos para aprobar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) voluntario que afectará a 80 traballadores, reducindo así o número inicialmente proposto de 90. Ademais, aprobouse un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que contempla até 75 xornadas de suspensión, axustando a cifra inicial de 85 días. Con todo, hai disensións entre os sindicatos. Votaron a favor o maioritario, o "independente" SIT e UXT. CUT opúxose a ambos os expedientes, CC.OO. só ao ERTE.
O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) afectará a un máximo de 80 traballadores, incluíndo persoal mensual e persoal horario. Ademais, segundo o pacto ao que chegaron ambas as partes, incentivarase a saída de persoas de 59 anos ou máis con indemnizacións análogas ás previstas en anteriores ERE.
A empresa argumenta mantivo o seu compromiso de que as saídas sexan de carácter voluntario, o que di facilitou o acordo cos representantes dos traballadores.
Os críticos alegan que Stellantis usa Es todos os anos para eliminar prazas de persoal que cobre con traballadores de subcontratas, con menos dereitos. Na práctica, sinalan, estanse reducciendo os postos de traballo na factoría todos os anos. O propio presidente da Xunta lanzou onte un toque de atención á multinacional. Rueda cuestionou a "tónica habitual" de Stellantis promovendo despedimentos colectivos. "Non nos gusta cando vemos noticias que poderían aventurar a diminución da actividade", indicou o mandatario.
Para menores de 59 anos, a indemnización calcularase segundo os criterios previstos no Estatuto dos Traballadores para o despedimento improcedente. Ademais, exponse a extinción con dereito de retorno preferente, con posibilidade de reincorporación aos 36 meses e unha indemnización equivalente a 1,25 anualidades de salario anual bruto.
Así mesmo, en resposta á petición da parte social, tamén se incluíu como medida de acompañamento a posibilidade de suspensión do contrato con dereito de retorno para traballo noutra empresa ou nun proxecto persoal durante 12 ou 24 meses, cun incentivo de 0,5 anualidades de salario anual bruto ou dunha anualidade respectivamente.
Segundo fontes da empresa, este acordo contou co voto favorable de nove dos 10 membros da parte social: SIT-FSI -que leva décadas sendo o maioritario e cuxa suposta dependencia da empresa é cuestionada por outras organizacións- UXT e CC.OO. Stellantis xustificou estas medidas como necesarias para manter a competitividade da planta viguesa nun contexto de incerteza na demanda do coche eléctrico.
ERTE DE STELLANTIS VIGO
En canto ao ERTE, que foi aprobado con informe favorable de oito dos dez membros da parte social (SIT-FSI e UXT), afectará este ano a un máximo de 75 xornadas laborables de suspensión a título individual (50 días inicialmente cunha ampliación de 25 días no caso de que fose necesario) e a posibilidade de prorrogalo en 2026 até consumir o número máximo de xornadas. Comisións e CUT non votarion a favor.
O ERTE aplicarase a todos os traballadores con contrato indefinido unha vez esgotouse a adecuación de xornada e o saldo dispoñible na Bolsa de Horas. Tamén se poderá acceder ao ERTE unha vez consumidas 20 xornadas de bolsa a título individual en 2025 ou consumidas 10 xornadas para aquelas persoas que utilicen 30 días da bolsa plurianual ou outros días que lle correspondan individualmente en días de parada en 2023 e 2024.
Entre outras medidas, manteranse as garantías económicas de expedientes anteriores (80% do salario convenio e complemento individual). A aprobación destes expedientes chega despois dun proceso de negociación que comezou a finais de xaneiro, cando se constituíu a comisión negociadora. unque inicialmente esperábase alcanzar un acordo para o 12 de febreiro, as partes lograron pechar as negociacións na data prevista.
Escribe o teu comentario