O futuro de Exlabesa (Padrón), Cortizo (Padrón) e Alcoa (San Cibrao), en albas polas tarifas de Trump ao aluminio

España exporta a EE.UU. máis do dobre do alumino que importa. A Unión Europea xa prometeu que responderá os aranceis anunciados para o aceiro e o alumino. Os padronesas Aluminios Cortizo e, sobre todo, Exlabesa teñen importantes relacións comerciais e industriais alén do Atlántico. Ademais, a incerteza que xa planea sobre o futuro de Alcoa San Cibrao de dispara ante as dúbidas sobre como evolucionará o mercado tras a crise desatada polo anuncio do voluble mandatario de Estados Unidos.


|

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, anunciou a imposición de aranceis do 25% a todas as importacións de aceiro e aluminio a partir do 10 de febreiro de 2025. Esta medida, que afecta a todos os países exportadores, incluída España, podería desencadear unha guerra comercial coa Unión Europea, que xa prometeu defender os intereses europeos fronte ao que considera "medidas inxustificadas".

 

Quen investirá en Alcoa San Cibrao cun mercado tan inestable?


A planta de Alcoa en San Cibrao, situada en Lugo, é unha das principais produtoras de alúmina e aluminio primario en España. Aínda que os seus produtos non se destinan directamente ao mercado estadounidense, dado que van sobre todo ao mercado estatal e europeo,  a medida de Trump podería ter repercusións indirectas.

 

 A planta leva anos en crises e xa enfronta un futuro incerto tras as ameazas de peche. A papeleta parecía que se salvou coa chegada dun socio investidor, o grupo español Ignis.

 

Con todo, o acordo con Ignis sufriu atrasos, e os investimentos previstos, como a  construción dun novo forno de cocción, dependen en gran medida da evolución do mercado internacional do aluminio. Só a instalación dun novo forno de cocción ten un orzamento aproximado de máis de 100 millóns de euros. Está por ver si hai alguén disposto a financiar tan cantidade nun mercado tan inestable.

 

 

O balance comercial de España: Beneficio en aluminio


Segundo datos do Ministerio de Comercio Exterior, España exportou en 2024 111 millóns de euros en aluminio a Estados Unidos, mentres que as importacións desde o país norteamericano ascenden a 54 millóns. Isto deixa un balance comercial positivo de máis de 57 millóns de euros para España neste sector. 

 

Balanza comercial alumino espau00f1a
Fonte: Ministerio de Comercio Exterior 

É evidente que as novas tarifas poderían alterar este balance, especialmente para empresas galegas con intereses no mercado estadounidense.

 

Exlabesa e Aluminios Cortizo: dous grupos con importantes relacións con Estados Unidos

 

Un dos principais actores da industria do aluminio en Galicia é o grupo Exlabesa, con sede en Padrón. En 2011, Exlabesa ampliou a súa presenza internacional coa adquisición dunha fábrica de extrusión de aluminio en Tifton, Xeorxia (#EE.UU.), que conta cunha capacidade de produción anual de 24.000 toneladas.   No ano da súa adquisición, proxectábase alcanzar unha cifra de vendas de 16.000 toneladas. 
 

Fu00e1brica de Exlabesa en Georgia
Fábrica de Exlabesa en Xeorxia

Segundo a plataforma ImportGenius, Exlabesa realizou máis de 1.200  envíos a Estados Unidos nos últimos anos, o que a converte nunha das empresas galegas máis expostas aos novos aranceis. As exportacións ser realizaron a través de  Exlabesa Building Systems S.A.#U. e  Exlabesa Extrusion Padron, S.L..

 

Outra multinacional galega que podería verse afectada é Aluminios Cortizo, tamén con sede en Padrón. Aínda que non ten fábricas en América, a empresa completou máis de 112 envíos a Estados Unidos desde 2025, segundo datos da citada plataforma de comercio exterio. 

 

Entre os seus proxectos destacados reción atópase a fabricación de envolventes para o Hospital Xeral de Massachusetts, un encargo que requiriu máis de 1.000 toneladas de perfís de aluminio de alta complexidade técnica. Obras deste calado poderían perder no futuro se se confirma a guerra comercial.

 

Por agora a Unión Europea ha confirmado que responderá os aranceis de Estados Unidos para protexer os intereses das súas industrias.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE