Xunta e Fundación A Caixa reforzan a súa alianza e compromiso en materia social, cultural e educativa
Alfonso Rueda e Isidro Fainé, presidentes das dúas entidades, asinaron este luns un novo convenio.
O presidente da Xunta , Alfonso Rueda, e o presidente da Fundación A Caixa, Isidro Fainé, asinaron este luns un novo convenio marco entre ambas as institucións para continuar colaborando en materia de acción social, cultural, científica e educativa.
O obxectivo, segundo explicou o goberno autonómico, é seguir traballando xuntos para "mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas máis vulnerables, os maiores e os colectivos con necesidades especiais afectados por algunha patoloxía, así como contribuír ao benestar das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión".
Así, a Fundación destinará este ano 13 millóns de euros ao desenvolvemento de diferentes programas en Galicia, entre eles, potenciaranse os proxectos sociais para mellorar as condicións de vida da infancia vulnerable, para impulsar o envellecemento activo dos maiores, fomentar o emprego de colectivos desfavorecidos, para velar pola atencióm a pacientes con enfermidades avanzadas e axudar ao benestar de persoas con discapacidade.
Durante o acto da firma, no que tamén estivo a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, o presidente da Xunta agradeceu o "compromiso continuado e crecente" da Fundación A Caixa con Galicia.
Así mesmo, Alfonso Rueda tamén puxo en valor o labor "encomiable" das entidades sociais que, "todos os días do ano", colaboran coas administracións públicas na atención ás persoas que máis o necesitan.
Escribe o teu comentario