Sogama acredita a máis dunha trintena de traballadores das 'Unidades de Competencia'

O persoal da planta de envases recibe este certificado que constata os seus coñecementos e formación.


|

Foto familia
Foto: Sogama

 

A sede da empresa pública Sogama en Cerceda foi hoxe escenario da entrega de acreditacións correspondentes ás 'Unidades de Competencia' que certifican os coñecementos adquiridos por máis dunha trintena de operarios adscritos á planta de clasificación de envases lixeiros. O acto contou coa presenza de Javier Domínguez, presidente de Sogama, Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo da Xunta de Galicia, e Mariluz Rivas, delegada de PreZero en Galicia e Asturias.

 

Os profesionais acreditados son os encargados de levar a planta na que se separan por tipoloxías enavases de plático, briks e latas, elementos que van ao colector amarelo. Tras un período de formación e avaliación, agora poden acceder a titulacións integradas na formación dual e expedidas pola Consellería de Educación, unha das grandes apostas da administración galega nos últimos anos. 

 

ALTAS COMPETENCIAS NO EQUIPO HUMANO DE SOGAMA

Domínguez fixo pública a súa "satisfacción e orgullo" polo esforzo que evidenciaron os titulados, que xa contan co documento que acredita e certifica os seus coñecementos e experiencia. "O maior potencial que pode atesourar unha empresa é a preparación, a solvencia e as altas competencias do seu equipo humano", subliñou Domínguez, considerando que esta capacidade dotará dunha maior eficiencia e prestixio a este servizo público esencial. 


A continuación, Domínguez destacou a impicación de PreZero neste camiño e da Xunta de Galicia, así como para todas esas persoas que asesoraron, colaborado e motivado este sistema de formación e avaliación de habilidades que cristaliza despois de arrincar como unha iniciativa pioneira. O docente Manuel Verdes, a representante do equipo de asesoramento e avaliación Emma Amor ou o xefe de planta Javier Froján son algunhas desas persoas que, de maneira silenciosa, fixeron posible este éxito. 
 

Intervenciones
Foto: Sogama

 

"A ilusión e a capacidade de superación é o que fai grandes ás organizacións", concluíu Domínguez, que animou a todo o seu persoal a seguir formar, algo que, ao seu xuízo, axuda a gañar autoestima, seguridade e competitividade.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE