Caso Samuel Luiz: Diego Montaña, Kaio Amaral e Alejandro Freire, culpables
Katy Silva, absolta, Alejandro Míguez é declarado cómplice de asasinato
O xurado do caso Samuel Luiz declarou a Diego Montaña como culpable dun delito de asasinato co agravante de discriminación por xénero. A Kaio Amaral tamén se lle declara culpable como coautor de asasinato e roubo con violencia do móbil que portaba Samuel Luiz. Alejandro Freire é declarado tamén culpable por asasinato. Todos eles co agravante de aleivosía. Mentres tanto, Alejandro Míguez é declarado cómplice de asasinato. Pola súa banda, a única muller xulgada polo crime, Katy Silva é declarada absolta.
Trátase dunha das deliberacións máis longas en España desde que se instaurou o sistema de xurado. Lembremos que tanto Alejandro Míguez como Katy Silva estaban en liberdade con medidas cautelares. Agora, Míguez deberá ingresar en prisión.
No caso de Kaio Amaral engádeselle o delito de roubo con violencia ao levar o móbil que portaba Samuel Luiz o día dos feitos. Alejandro Freire entrou na agresión e considéraselle coautor do asasinato xunto a Diego Montaña quen, pola súa banda, suma á súa pena o agravante de discriminación por cuestión de xénero.
Escribe o teu comentario