Máis de 30 empresas ambientais visitan Sogama e coñecen o seu compromiso coas enerxías renovables
O emprego da enerxía solar ou os proxectos europeos nos que participa Sogama foron algúns dos temas desta visita.
O Complexo Industrial de Sogama en Cerceda recibiu este venres a visita dos representantes de máis dunha trintena de firmas asociadas ao Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC). Na cita, os visitantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos nos que se atopa inmersa Sogama, ademais de ser unha oportunidade para compartir todas as experiencias e coñecementos que estas empresas poden transmitir para lograr unha mellor xestión dos residuos na comunidade.
PLAN 2024-2030
Javier Domínguez, presidente de Sogama, foi o encargado de liderar a visita e detallar os eixos da proposta de Sogama no plan estatégico no marco 2024-2030, coa transformación dixital, a descarbomización, mediante o emprego dun gas renovable en substitución do gas natural, ou a xestión de novas fraccións de residuos, como é o caso do téxtil, como liñas mestras da súa folla de ruta.
Os proxectos de I+D+i, como o proxecto europeo GRESINT co emprego de IA ou o proxecto SMMASH para a busqueda de novos materiais e a valorización enerxética, ou a participación de Sogama na BF Climatech, a primeira aceleradora ambiental de Galicia, son algúns dos grandes retos nos que a empresa públcia está a traballar nestes momentos con máis afán.
Mención aparte merce a promoción das enerxías renocables, ademais da obtida a partir dos residuos non reciclabes. Con especial mimo á enerxía solar, desde Sogama despregaron máis de 3.300 paneis no tellado do almacén de CDR (Combustible Derivado de Residuos) que serán apoio "á produción enerxética no complexo cercedense para o propio autoconsumo do mesmo", detalla a compañía. De igual maneira, nas plantas de biorresiduos de Cervo, Vilanova de Arousa e Verín o 50% da enerxía consumida procede da enerxía solar, empregada para as operacións industriais dos centros.
Escribe o teu comentario