Achada sen vida unha nonaxenaria que buscaban na Pobra de Trives desde este sábado
Segundo notificou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso da desaparición pouco antes das 00.30 horas despois de que a muller levase desde o xoves sen ser vista polos seus achegados
O corpo sen vida da veciña de 93 anos do municipio ourensán da Pobra de Trives que se buscaba desde este sábado foi localizado durante a mañá deste domingo.
Así o confirmou o consistorio municipal, que trasladou o seu pésame a familiares e amigos e agradeceu ás forzas e corpos de seguridade do Estado, Protección Civil e veciños a súa colaboración nos labores de procura.
Segundo notificou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso da desaparición pouco antes das 00.30 horas despois de que a muller levase desde o xoves sen ser vista polos seus achegados.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao GES de Castro Caldelas e ao de Quiroga, así como á Garda Civil e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Pobra, de Quiroga e de Chandrexa de Queixa.
Finalmente, o dispositivo de procura atopou este domingo o corpo sen vida de Rosa Álvarez nun camiño do lugar de San Fiz, na localidade ourensá.
Escribe o teu comentario