A Mesa denuncia a situación do galego na Asemblea Xeral da Rede para Igualdade das Linguas

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) adhírese ás iniciativas da Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma cidadá Queremos Galego, entre elas a convocatoria que terá lugar en Santiago de Compostela este 17 de novembro


|

ELEN
ELEN

A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Bilbo na Asemblea Xeral da rede europea para a igualdade das linguas (European Language Equality Network, ELEN). Dentro do programa oficial do encontro, a vicepresidenta da Mesa, Elsa Quintas, interveu no panel sobre a importancia das políticas públicas na normalización das linguas minoritarias e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, aproveitou para impulsar unha resolución da rede instando a Xunta a cumprir os acordos en relación co galego.
 

Deste xeito, a Asemblea Xeral de ELEN vén de expresar "a súa preocupación polos recentes datos da enquisa de uso e coñecemento do galego publicados polo Instituto Galego de Estatística", que "revelan unha caída a niveis inéditos na Historia da lingua galega". Para reverter esta situación e garantir a normalización social do galego, ELEN "insta aos poderes públicos galegos e estatais a mudaren o rumbo e comezar um processo social amplo que asegure a súa presenza en todos os espazos e para todos os usos".

 

A rede internacional recorda que "este proceso debe partir dos obxectivos contemplados nos acordos comúns, amplos e unánimes xa tomados polo pobo galego", na Lei de Normalización Lingüística, na Lei de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais, na Lei Paz Andrade, na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004.
 

Finalmente, ELEN adhírese ás iniciativas da Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma cidadá Queremos Galego, entre elas a convocatoria que terá lugar en Santiago de Compostela este 17 de novembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE