Stellantis Vigo disporá de fondos europeos para a subestación de alta tensión, afirma o Goberno

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, compromete que haberá fondos europeos, do plan REPowerEU, para investir na creación da subestación de moi alta tensión que demanda Stellantis en Vigo, así como para outra en Sagunto (Castelló).

 

 

 


|

Tal e como viña reclamando a Xunta de Galicia, o Goberno de España concederá axudas á planta olívica, que vén de pactar un ERE e un ERTE cos sindicatos e resolver ante a Xustiza a polémica polas súas eleccións sindicais

 

Teresa Ribera insiste en que as enerxías renovables e convencionais galegas "forman parte" da "preocupación e dedicación" do Goberno.

 

La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Teresa Ribera (i), y la ministra de Política Territorial y portavoz del Gobierno, Isabel Rodríguez (d), durante una rueda de prensa posterior al Consejo de Ministros,
Foto: EP

 

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, compromete que haberá fondos europeos, do plan REPowerEU, para investir na creación da subestación de moi alta tensión que demanda Stellantis en Vigo, así como para outra en Sagunto (Castelló).

A preguntas da prensa tras o Consello de Ministros, a ministra tamén se referiu ao "papel estratéxico" da planta de Stellantis en Vigo no Perte de Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), "sobre o que queda pendente responder á Xunta".

Así, considera que se poderá "investir en máis redes de transporte", "tamén en subestacións", como serán as de Vigo e Sagunto, aínda que avanza que "non serán as únicas".

Igualmente, Teresa Ribera incidiu en que as enerxías convencionais e renovables en Galicia: "Forman parte da nosa preocupación e dedicación".

Esta subestación é unha demanda que trasladaron tanto Stellantis como Xunta e Concello de Vigo de forma reiterada nos últimos tempos, incluídas resolucións de apoio a esta infraestrutura no Parlamento galego. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE