Santiago acollerá a presentación de “#AP-9 nosa e gratuíta”
O vindeiro xoves 12 de marzo, ás 10:30 horas, celebrarase en Santiago de Compostela a presentación pública da iniciativa cidadá “#AP-9 nosa e gratuíta”, unha nova iniciativa social que defende que a principal autoestrada galega pase a ser de titularidade pública e libre de peaxe.
O acto terá lugar na sede do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en Algalia de Abaixo, 24, 1º. Organizado pola Unión de Consumidores de Galicia, contará, explican os promotores, coa participación de representantes da Administración autonómica e local, así como do ámbito social, económico e cultural do país.
Esta iniciativa xorde nun momento no que continúa aumenta o debate sobre o futuro da AP-9, unha infraestrutura crave para a mobilidade e o desenvolvemento económico de Galicia. Desde hai anos, todos os partidos con representación no Parlamento de Galici ai distintos colectivos reclaman a súa transferencia ao Goberno galego e a eliminación das peaxes, sostendo que se trata dunha vía xa amortizada, que discorre polo país e esencial para a cohesión territorial.
A transferencia leva lustros bloqueada. En parte, porque hai un confuso preito en Europa sobre a polémica prórroga da concesión autorizada polo Goberno de Mariano Rajoy. En parte, tamén, porque o Estado para retirarlle a concesión tería que facer un desembolso que por agora ningún Goberno quixo executar.
“#AP-9 Nosa e gratuíta” busca sumar voces da sociedade civil a esta demanda histórica e impulsar un diálogo entre cidadanía e institucións.As persoas interesadas en asistir ao acto poden confirmar a súa asistencia chamando ao 981 56 64 11 ou escribindo ao correo comunicacion@consumidores.gal.
Escribe o teu comentario