Mercadona busca traballadores en 29 localidades de Galicia, con ou sen experiencia
A cadea valenciana Mercadona abriu este mes de febreiro o seu proceso de selección de persoal en Galicia co obxectivo de preparar o seu persoal para a próxima tempada de verán. A compañía busca cubrir numerosas vacantes en supermercados das catro provincias galegas, unha iniciativa que suporá unha importante creación de emprego temporal na comunidade, especialmente en localidades con alto fluxo turístico e comercial entre os meses de maio e setembro.
Os postos ofertados repártense nun amplo número de municipios, entre eles Nigrán, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Marín ou Tui na provincia de Pontevedra; A Coruña, Ferrol, Narón, Oleiros, Culleredo, Betanzos, Noia, Boiro, Cee e Ribeira na coruñesa; Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Ribadeo e Foz en Lugo; e Xinzo de Limia, Verín, O Barco de Valdeorras e O Carballiño en Ourense.
As vacantes dispoñibles inclúen contratos tanto a xornada completa como parcial, adaptados ás necesidades de cada tenda. Toda a información sobre os procesos de selección e requisitos pode consultar a través do Portal de Emprego de Mercadona, onde as persoas interesadas xa poden inscribir directamente.
Condicións laborais e formación
O salario ofertado, segundo a empres,a é de 1.734 euros brutos mensuais para xornada completa e 867 euros para media xornada. Mercadona destaca que non se require experiencia previa, xa que ofrece formación interna desde o primeiro día ás novas incorporacións. Mercadona promete tamén planificación horaria, que di comunícase con antelación para facilitar a conciliación persoal e familiar.
Nos últimos anos, a firma presidida por Juan Roig mantivo un forte crecemento en Galicia, aínda que non é líder, como si o é no conxunto de España.
Escribe o teu comentario