A esperanza de vida en Galicia e en España bate records
A esperanza de vida dos galegos ao nacer supera por primeira vez os 84 anos na serie histórica (remóntase a 1991), segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (#INE) este mércores.
De tal forma, os galegos nados en 2024 teñen unha esperanza de vida de 84,08 anos (eran 83,6 anos en 2023), cifra similar á media española, que supera por vez primeira igualmente os 84 anos.
Se se bota a vista atrás, os galegos que naceron no ano 2000 tiñan unha esperanza de vida de 79,2 anos, cinco anos menos que actualmente.
O primeiro ano no que se contabilizou esta estatística no INE arroxaba que os nados en 1991 tiñan unha esperanza de vida de 76,8 anos, uns sete anos menos que actualmente.
Mentres, o saldo vexetativo de Galicia en 2024 segue empeorando, con datos definitivos, ao ser negativo en 19.399 persoas, con 32.749 mortes e só 13.350 nacementos (-4,7%).
Escribe o teu comentario