China esixe "acceso prioritario" ao litio e terras raras do país para as súas relacións comerciais con España
A visita de Pedro Sánchez a China puxo en marcha as negociacións para que o país asiático aumente os seus investimentos en España. Con todo, todo ten un prezo, e nun contexto de guerra polas materias primas a nivel global, o goberno de Xi Jinping quere ter unha posición estratéxica na península ibérica.
As autoridades chinesas están a tratar de obter unha posición preferente para a explotación de recursos como o litio ou as terras raras que están diseminadas por toda España, por exemplo no Monte Galiñeiro.
O berilio, o niobio ou o tántalo, tamén recursos abundantes no noso subsolo, resultan esenciais para as industrias tecnolóxica, enerxética e militar.
Escribe o teu comentario