Un percorrido na Mariña da Coruña polos 34 anos de historia e logros do Eixo Atlántico

A mostra estará aberta até o 4 de marzo na cidade herculina.


|

Muestra del Eixo Atlántico
Foto: EP

 

O Eixo Atlántico presenta na Coruña os seus 34 anos de historia como entidade transfronteiriza cunha mostra aberta até o 4 de marzo na Mariña.
 


O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica do Concello da Coruña, José Manuel Lage, participou no acto inaugural da mostra, que coincide coa celebración mañá na Coruña da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico.

A exposición, disposta con sete cubos expositivos e cuxa inauguración terá lugar mañá, abarca desde o acto fundacional do Eixo Atlántico no ano 1992, celebrado en Viana do Castelo, até a actualidade.
 


Inclúe tamén destacados eventos como o do ano 2015 na Coruña, onde por primeira vez os xefes de Estado de España e Portugal, o Rei Felipe VI e o presidente Aníbal Cavaco Silva, compartiron un acto no marco das iniciativas promovidas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE