A mina de litio de Doade, situada entre municipios como Beariz, A Lama e Forcarei, foi recentemente declarada proxecto estratéxico pola Unión Europea dentro do seu plan de materias primas críticas para facilitar o rearmamento e a independencia de Europa fronte a Estados Unidos e China. Este recoñecemento podería facilitar a súa tramitación e acceso a fondos comunitarios, pero tamén provocou unha intensificación da oposición de colectivos como SOS Suído, que alertan do grave impacto ambiental e social que tería esta explotación mineira sobre acuíferos, ríos e espazos naturais protexidos como a Serra do Suído. Nesta entrevista, unha dos seus portavoces, María Lavandeira, advirte que o plan da mineira SAMCA vai máis aló de Doade. As promesas de emprego para esta zona despoboada, o anterior proxecto tombado pola Xunta e a posibilidade de diálogo coa mineira son outros dos puntos desta conversación.
A Comisión Europea indica que a mina debe saír adiante si ou si porque é estratéxica, a pesar de que xa foi denegada nunha ocasión pola Xunta debido ao seu impacto ambiental. Máis de 50 proxectos aspiraban a este impulso, sete españois foron seleccionados. A decisión é parte do plan de Bruxelas para lograr autonomía estratéxica europea en metais críticos e terras raras, vitais para a política de rearme decretada ante a agresividade de Rusia e Estados Unidos.
A Mina de Doade, entre Pontevedra e Ourense, pretende extraer litio, clave para a fabricación das demandas baterías. Con todo, o proxecto enfronta unha forte controversia polos seus posibles impactos ambientais en acuíferos, ríos e edificacións próximas. Nesta entrevista, Joám Evans, de Ecoloxistas en Acción, expón as razóns legais e ambientais polas que considera que esta explotación mineira non debería saír adiante.