Radu estará con Romanía, pero é a gran dúbida no Celta de Vigo para medir ante o Barça

Ionut Radu foi convocado pola súa selección, pero aínda non ten a alta médica co cadro vigués.


|

Radu
Radu

 

Cinco de cinco. O Celta de Vigo suma e segue na súa serie vitoriosa despois dun titubeante inicio de curso. Se botamos a vista atrás, o panorama é mellor si cabe considerando que o Celta non perde desde o 28 de setembro, polo que leva xa máis dun mes contando os seus partidos por vitorias (seis) ou empates (dous). Nos seus últimos cinco choques atopamos un pleno de vitorias con dous triunfos ligueiros, un copeiro e outros dous en Europa League, sendo o 0-3 en Zagreb a súa última conquista xusto antes de chegar ao parón de seleccións, ao que os celestes accederán pola porta grande ou pola enfermaría. 

 

 

ENTRE ALGODÓNS...Ou NON?

E é que para seguir co bo ritmo hai que derrotar ao FC Barcelona. O Barça non chega no seu mellor momento despois de perder ante o Madrid no Clásico e deixar dous puntos de ouro en Bruxas onde volveron saír a relucir os seus fallos defensivos. Diso sabe bastante o Celta, que só pechou a súa portaría en dúas ocasións este ano, curiosamente, sempre que Iván Villar estaba baixo paus.

 

Até agora Radu, un das fichaxes do verán, era indiscutible na portaría celtiña, pero unha lesión deixouno fóra da convocatoria o xoves en Europa League. O seu sitio ocupouno o eteno segundoxénito, Iván Villar, que só contara con minutos en Copa do Rei ante un rival menor como o Porto de Veiga, ao que os olívicos superaron por 0-2. O test de verdade chegou en Croacia, onde deixou, de novo, o expediente impoluto, demostrando que, aínda que na sombra, Villar está máis que preparado para os retos.

 

G13w 1EW4AAm bt
Radu | Foto: RC Celta

 

O oco na portaría é a maior incógnita do Celta, tendo en conta que Giráldez afai cambiar cada fin de semana de esquema. Radu aínda non ten a alta médica e pode presumir dun pleno de minutos en liga, pero a súa ausencia, visto o nivel demostrado por Villar, vai gañando enteiros a medida que nos achegamos ao domingo. "Para o Barcelona chegará moi xusto", admitía o técnico do Porriño.

 

A inactividade poden ser un hándicap para o romanés, que con todo, como ocorre con Borja Iglesias con España, foi chamado pola súa selección para os próximos compromisos internacionais, algo que rompeu algunha cintura. Non está listo para o Barça pero si para xogar a clasificación ao Mundial? Se non xoga en Balaídos tampouco irá con Romanía? 

 

 

De momento, polo menos oficialmente, está entre algodóns como Hugo Álvarez, Swedberg e Rueda. O concurso de calquera do catro ante os culés parece descartado e Giráldez xa dixo esta semana que con Radu non quería "tomar ningún risco". Parece que chegou a hora do redebut de Villar, que non sabe o que é xogar en LaLiga desde setembro de 2024. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE