Deputación de Pontevedra inviste máis de 1 millón de euros no fútbol de Ribadumia, fogar de Louzán, presidente da RFEF

O ente provincial financiráa o proxecto básico e de execución para os novos servizos do campo de fútbol e do pavillón polideportivo.

 


|

GsB0 bQXkAAoKqy
Foto: Deputación de Pontevedra

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asinou o convenio de colaboración co alcalde de Ribadumia, David Castro, para financia o proxecto básico e de execución para os novos servizos do campo de fútbol e do pavillón polideportivo, así como a humanización do espazo anexo.

Así, a través do acordo o organismo provincial achega 700.000 euros a un proxecto valorado en máis dun millón de euros. O proxecto contempla a construción duns novos accesos, aseos e dotacións ao campo de fútbol e pavillón polideportivo cunha edificación que redondee a humanización dun espazo público delimitado polos edificios do CEIP Becerra Malvar, o pavillón polideportivo e o campo de fútbol da Bouza de Barrantes.

A construción dunha edificación de dúas plantas servirá para mellorar o acceso ao campo de fútbol, dotalo de novos vestiarios e servizos para o pavillón polideportivo.

Unha intervención que, segundo apuntou a Deputación nun comunicado, resolverá as "carencias actuais" duns equipamentos que utilizan os alumnos do colexio, tanto para actividades escolares, deportivas como de lecer.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE