Copa do Rei: o Pontevedra recibirá ao Mallorca e o Celta viaxará a casa do Espanyol

O sorteo de dezaseisavos de final deparou o único cruzamento desta rolda entre equipos de Primeira División, que implica ao Celta de Vigo e ao RCD Espanyol.

 


|

O sorteo de dezaseisavos de final deparou o único cruzamento desta rolda entre equipos de Primeira División, que implica ao Celta de Vigo e ao RCD Espanyol.

 

Pola súa banda, o Pontevedra recibirá en casa ao Mallorca. Os granates só podían medir a un Primeira e esquivaron a Madrid, Barça e Atleti, que onte eliminou ao Arenteiro. 

 

Copa del rey
Copa do Rei | Foto: EP

 

Cruces desiguais nos dezaseisavos de Copa do Rei para os dous equipos galegos que quedan vivos na competición. Dos tres equipos que se mantiñan na terna, só o Pontevedra CF  e o Celta de Vigo cumpriron, mentres que o Arenteiro, a pesar de dar a cara, non foi quen de dar a badalada ante o Atlético de Madrid, que pasou máis apuros dos esperados no Carballiño, chegando a marchar por baixo do marcador na primeira parte.

 

En calquera caso, o bombo do sorteo celebrado hoxe deparou que tanto granates como celestes se midan ante equipos de Primeira División, aínda que no caso dos vigueses supón un equilibrio de forzas, para os pontevedreses a distancia é de dúas categorías por baixo. Sen embarto, tamén levaban as de perder ante o Tenerife, equipo de Segunda, e foron os de Primeira RFEF os que levaron o gato á auga en Pasarón .

 

MALLORCA E ESPANYOL

Agora, será o Mallorca o que visite o feudo do Ponche para intetar "roer" un billete a oitavos de final. Os mallorquinistas tamén tiveron que suar ante un equipo da división de bronce do fútbol nacional, como é a Real Unión, ao que dobregaron cun solitario tanto do galego Dani Rodríguez

 

Pola súa banda, os de Carvalhal viaxarán á cidade condal para medir ao Espanyol de Joselu, o que supón o reencontro do canteirán celeste co equipo que, todo parecía indicar, ía acollelo entre as súas filas esta tempada. No entanto, Joselu escolleu a opción perica e vive unha segunda mocidade en Barcelona, onde é todo un ídolo, como xa ocorreu en Vitoria. Caprichos do destino, o do Espanyol e Celta será o único cruzamento entre equipos de Primeira

 

Nos outros cruces, Intercity e Cacereño levaron 'El Gordo' ao recibir a visita de Barça e Real Madrid. Os partidos xogaranse os días 3, 4 e 5 de xaneiro. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE