Mala calidade do aire en Ourende provocado polo incendio forestal de Pantón
Meteogalicia recomenda usar máscaras nas zonas afectadas polo fume.
A calidade do aire na cidade de Ourense esborrallouse a "mala" ao ver afectada polo fume procedente do incendio forestal do municipio lucense de Pantón.
Segundo os datos de Meteogalicia, a estación de medición situada en Gómez Franqueira é a única da provincia que ten unha calidade mala debido á presenza de partículas PM10 e PM2,5.
Por iso, recoméndase á cidadanía que reduza as actividades prolongadas e activas no exterior, especialmente se experimentan tose, falta de aire ou irritación de garganta.
Así mesmo, na estación de Sarria, na provincia de Lugo, presenta unha calidade do aire "regular".
Meteogalicia tamén apunta a que se espera a chegada de masas de aire africano polo que os niveis de partículas (PM) poderán verse incrementados e afectar á calidade do aire.
Escribe o teu comentario