O novo rocódromo da Coruña: escenario do Campionato Galego de Escalada Combinada

Esta foi a primeira competición oficial en estrear o novo rocódromo da cidade da Coruña este sábado


|

La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, y la concejala de deportes, Mónica Martínez, participan en el estreno del rocódromo de la ciudad herculina.

Este sábado estreouse o novo rocódromo da Coruña co Campionato Galego de Escalada Combinada. O concello da cidade herculina ha sinalado nunha nota de prensa que o rocódromo poderá optar a acoller competicións oficiais das tres modalidades de escalada olímpica.

 

As persoas usuarias poderán así participar ou competir nas modalidades de velocidade, na que dous escaladores compiten por subir máis rápido unha parede de 15 metros de altura; boulder ou escalada en bloque, na que os deportistas escalan en catro minutos tantas vías fixas como poidan nunha parede de 4,5 metros de altura, e a modalidade de lead ou de dificultade, na que os escaladores tentan chegar todo o máis alto nunha parede de 15 metros de altura con seis minutos de tempo.

 

O orzamento destes traballos contou cun orzamento de máis de 250.000 euros. A alcaldesa da cidade, Inés Rey, que participou na súa estrea durante a xornada de hoxe, afirmou que estas instalacións pon á cidade "á vangarda da escalada en Galicia".

 

"A Coruña é unha cidade que está a crecer e o deporte e a práctica deportiva teñen un gran potencial para nós”, declarou a rexedora coruñesa, acompañada pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE